Benvido/a ao proceso de inscrición

das Escolas Municipais de Música de Rábade-Begonte-Outeiro-Friol

Do 15/05 ao 31/05 estivo aberto o proceso de reserva de praza, en que dabamos a posibilidade de que nos indicásedes se queriades manter para o curso que vén o mesmo horario que xa tendes agora. Esta pregunta só ten título informativo, pero todos aqueles que recibisen a confirmación do profesorado correspondente poderán manter ese horario (ou o acordado co/a docente), de forma que non será necesario que escolla un novo horario no formulario de matrícula, só terá que seleccionar “horario reservado co/a profesor/a”.

A matrícula estará aberta para o alumnado que reservou praza no proceso anterior desde o día 10 de XUÑO, e para o novo alumnado ou alumnado sen reserva de praza, uns días despois, o 24 de xuño. O novo curso 2024/2025 nas Escolas de Música comezará en setembro de 2024.

Ademais da Escola de Música, tamén se ofrecen estudos oficiais de grao profesional, para os cales realizaremos probas de acceso no día 10 de xullo. A inscrición na proba de acceso realizarase tamén desde o 10 de xuño (tanto para alumnado novo como antigo), e dá xa dereito a escoller un posible horario para a clase de instrumento. Quen non supere a proba de acceso, pode asistir igualmente nese horario a clases da Escola de Música. Podes obter máis información sobre esta nova vía de estudos premendo nesta ligazón ou ben contactando connosco directamente.

Como en cursos anteriores, a matrícula realizarase preferentemente por internet, a través do formulario dispoñible ao final desta mesma páxina. Tamén se pode realizar esta inscrición contactando coa administración da Asociación Músico Crisanto no teléfono 678 800 245 ou presencialmente no Centro de Formación Musical de Baamonde en horario de oficina (consulte con anterioridade). Os/as habitantes de Friol tamén poderán acudir presencialmente á Casa do Concello de Friol para realizar a matrícula.

Para o alumnado que non teña reservado un horario, no formulario xa é posible escoller unha proposta de horarios para as clases individuais ou compartidas no mesmo momento da inscrición. A Escola ou o profesor contactarán con vostede antes do inicio do curso para confirmar o horario definitivo. Como diciamos, a reserva de horario para o alumnado da Escola só é válida se foi confirmada polo/a docente.

Recomendamos visualizar a información e o formulario nun ordenador e non nun dispositivo móbil, xa que se poderá ver con máis claridade o proceso, aínda que non é imprescindible.

Este proceso informático, que aforra as viaxes e tempo inherentes á matrícula presencial, durará aproximadamente 10 minutos.

1. Normas xerais da Escola de Música

Antes de inscribirse, lea estas breves normas básicas da inscrición na Escola, que lle axudarán a realizar o proceso máis rapidamente:

  • Nesta Escola pódense cursar materias individuais (instrumento), de polo menos 1 hora de duración. En casos en que se requira, tamén se poden cursar clases de media hora (duración mínima ofertada) ou compartidas entre 2 ou 3 persoas (1h), previa autorización do profesor. Tamén se poderá escoller, xa no formulario de inscrición, unha proposta da súa preferencia de horarios, seleccionando dous tramos consecutivos de media hora. A proposta será confirmada unha vez remate o prazo de inscrición.
  • Tamén existen materias colectivas ou grupais (a partir de 4 persoas), que son de horario fixo. Asegúrese de que anota o horario e lugar de todas as materias grupais ás que quere asistir para que non coincidan coa súa proposta de horarios para as materias individuais e para que as aulas onde se imparten non queden moi afastadas entre si, en clases consecutivas.
  • En xeral, a idade recomendada para comezar cun instrumento é a partir de 7 anos. O alumnado menor de 7 anos só se iniciará na formación instrumental (30 minutos) cando así o aconsellen as súas aptitudes ou especiais condicións para afrontar a aprendizaxe no instrumento escollido.
  • Para acceder á formación instrumental todo/a alumno/a inscrito/a debe recibir tamén a pertinente formación en Linguaxe Musical. O grupo para os que o cursen por primeira vez será “Básica 1”, dispoñible en Robra (Outeiro) e en Friol. Para o resto de alumnado, dependerá do nivel de coñecementos. Pódense consultar os grupos premendo nesta ligazón. A participación na clase grupal é obrigatoria para o alumnado menor de idade e recomendable para o alumando adulto. En casos excepcionais, poderase suplir a participación na clase grupal cunha clase individual impartida polo profesor de instrumento (reservando un horario maior).
  • As prazas de piano ofrécense como instrumento complementario (é necesario cursar tamén outro instrumento, neste ou outro centro), podendo pasar a converterse nos seguintes cursos no seu instrumento principal (e tocar en grupo o outro instrumento como complementario).
  • Cando realice a súa proposta de horarios, é necesario que indique tamén, no campo correspondente, outro(s) horario(s) posible(s). Ao facelo, facilitará a asignación dun horario que lle conveña, no caso de que non sexa posible asignarlle a súa proposta principal.
  • Se non quedasen horarios dispoñibles para un/ha profesor/a, cubra o formulario igualmente anotándose en “lista de espera” e indique, no campo da preferencia secundaria, unha proposta xenérica de horarios. A Escola contactará con vostede para posibles ampliacións deses horarios.
  • Se despois de realizar a matrícula se dá conta dalgún erro, non volva cubrir o formulario outra vez, chegará con que avise á Asociación para que o corrixa.
  • As tarifas para o curso 2024-2025 son as mesmas que as dos cursos anteriores. Pode consultalas premendo nesta ligazón.
  • Unha vez comezado o curso, sempre se recuperarán as clases que, en casos excepcionais, tivesen que ser canceladas por falta do profesorado. Polo contrario, nunca se recuperarán clases que fosen canceladas pola falta do alumnado.
2. Horarios grupais

Aínda que durante o proceso de inscrición lle volveremos lembrar os horarios das materias grupais, recomendamos que as anote xa para telas claras antes de comezar a inscrición. Comprobe ben os horarios, xa que pode haber cambios con respecto ao curso anterior.

Teña en conta os lugares en que se impartirán, que poderá ser no Centro de Formación Musical de Baamonde, no Instituto de Rábade, na Escola de Robra (Outeiro) ou en Friol.

AGRUPACIÓNS

Materia Horario
Banda “Sons e Soños” (dir. Armando Morales): Venres de 20.00 a 22.00 (C. de Formación Musical de Baamonde)
Banda da Escola: Venres de 19.00 a 20.00 (C. de Formación Musical de Baamonde)
Brass Band, grupo de metais. (Miguel Franqueiro): Horario a determinar (Colexio de Friol)
Big Band (dir. Toño Otero): Horario a determinar
Canto e percusión tradicionais (Branca Villares): Mércores de 19.30 a 20.30 (Casa das Insuas, Rábade)
Canto e percusión tradicionais Adultos (Branca Villares): Mércores de 20.30 a 21.30 (Casa das Insuas, Rábade)
Coro (dir. Esperanza Iglesias): Luns e Xoves de 20.00 a 22.00 (C. Sociocultural de Rábade)
Grupo de clarinetes (Manuel Montero): Martes de 18.00 a 19.00 (Escola de Robra, Outeiro).
Grupo de percusión sinfónica (Marco Mendoza): Xoves de 19:00 a 20:00 (C. de Formación Musical de Baamonde)
Conxunto de Gaitas e Percusión tradicional: Xoves de 20:00 a 21:00 (C. de Formación Musical de Baamonde)
Grupo de Percusión Tradicional: Xoves de 21:00 a 22:00 (C. de Formación Musical de Baamonde)
Conxunto de gaitas e percusión – infantil Horario a determinar en función da demanda
Conxunto de gaitas e percusión – nivel intermedio (adultas/os) Horario a determinar en función da demanda
Baile tradicional – infantil Horario a determinar en función da demanda
Baile tradicional – adultas/os Horario a determinar en función da demanda

INFANTIL

O alumnado que xa asistiu a Música e Movemento no curso pasado pode consultar o grupo que lle corresponde premendo nesta ligazón.

Materia Horario
Música e Movemento Outeiro (Xosé Fernández):

Grupo 1 (ata 5/6 anos): Venres de 16.00 a 17.00 (Escola de Robra, Outeiro)

Grupo 2 (6/7 e 7/8 anos): Horario a determinar en función da demanda

 

Música e Movemento CPI Friol (Xosé Fernández):

(estes grupos comezan en outubro)

Grupo 1 (ata 5/6 anos): Venres de 14.00 a 15.00 (CPI Dr. López Suárez)

Grupo 2 (6/7 e 7/8 anos): Horario a determinar en función da demanda (CPI Dr. López Suárez)

Música e Movemento CEIP Rábade Horario a determinar en función da demanda
Música e Movemento CEIP Begonte (Xosé Fernández): Xoves de 15.00 a 16.00 (CEIP Virxe do Corpiño)
Monicreques Musicais (Martín Vázquez) Horario e lugar a determinar en función da demanda
  • Que son os Monicreques Musicais?
Unha actividade para ‘cambiar de pel’ e transformarnos a través do teatro e a música. Deseñando, fabricando e manexando marionetas, descobriremos unha multitude de personaxes que cobran vida e nos fan ver o seu carácter. Aprenderemos os recursos básicos para levar a cabo unha pequena obra tan divertida como afeccionada, froito da imaxinación de todos.
 

LINGUAXE MUSICAL

Os grupos fórmanse en función dos coñecementos do alumnado, para crear grupos homoxéneos. O alumnado a partir de 8 anos que o cursa por primeira vez (ou que cursase Música e Movemento anteriormente) irá ao grupo “Básica 1” (en Robra ou Friol). O resto, pode consultar o grupo que lle corresponde premendo nesta ligazón.

Materia Horario
Linguaxe Musical Básica 1: Venres de 18.00 a 19.00 (Escola de Robra)
Neste grupo irá tamén o novo alumnado maior de 8 anos que comece neste curso.
Linguaxe Musical Básica – Friol: Martes de 16.30 a 17.30 (CPI Dr. López Suárez, Friol)
Linguaxe Musical Básica 2: Venres de 17.00 a 18.00 (Escola de Robra)
Linguaxe Musical Básica 3: Xoves de 19.00 a 20.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical Básica 4: Mércores de 16.00 a 17.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical Media 1: A creación deste grupo dependerá do número de inscritos/as
Linguaxe Musical Media 2: Mércores de 18.00 a 19.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical Avanzada Xoves de 17.00 a 18.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical – Preparación da proba de acceso

Preparación para a proba de acceso a Grao Profesional (conservatorio)

Venres de 18:00 a 19:00 (C. de Formación Musical de Baamonde)

Linguaxe Musical – Adultos:

Mércores de 20.00 a 21.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)

Neste grupo todas as persoas adultas que desexen cursar a materia de Linguaxe Musical

Linguaxe Musical – 1º Grao Profesional

Para o alumnado de 1º de grao profesional (conservatorio) que supere a proba de acceso

Venres de 17:00 a 19:00

Linguaxe Musical – 2º Grao Profesional

Para o alumnado de 2º de grao profesional (conservatorio)

Xoves de 20:00 a 22:00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)

 

OUTRAS ACTIVIDADES EN GRUPO

 

Materia Horario Descrición
Combos de rock e música moderna (Carlos Andrés López) Luns ou Martes en horario a determinar (en función da demanda) [Baamonde ou Robra] Aprende música cos teus amigos desde 0, e coa música que máis che gusta, a través destes obradoiros grupais onde exploraremos a música dos grandes artistas do rock e pop de todos os tempos.
Grupo de guitarras (Carlos Andrés López) Horarios a determinar en función da demanda [Escola de Robra, Outeiro] Grupo dun nivel concreto, consulta co profesor antes de inscribirte.
Conxunto (Xosé Fernández) Horarios a determinar en función da demanda [C. de Formación Musical de Baamonde] Formación de agrupacións entre diferentes instrumentos.
Se queres compartir o teu gusto pola música cos teus amig@s e compañeir@s esta é a túa actividade.
A gama de música a interpretar variará dende a música clásica, pop, rock, bandas sonoras, jazz, música urbana entre outras.
Grupo de canto en conxunto infantil/xuvenil Horario e lugar a determinar (en función da demanda) Canto en conxunto
Grupo de Fagotes (Xosé Fernández) Horarios a determinar en función da demanda [C. de Formación Musical de Baamonde] Para perfeccionar o control do instrumento xunto ao resto de compañeiros e compañeiras
Grupo de percusión latina (Marco Mendoza) Horarios a determinar en función da demanda [Escola de Robra, Outeiro]

– Instrumentos: congas, bongós, pailas, maracas, güiro, güira, clave, shaker, cajón

– Ritmos: cumbia, merengue, bachata, son montuno, chachachá, salsa, rumba cubana (guaguancó, yambú, columbia), songo, bomba, plena, entre outros.

As clases serán para todos os niveis. Os diferentes instrumentos de percusión latina estudaranse com material de apoio (audios e partituras) e estarán enfocados en:

1.Técnica e son.

2.Ritmos e estilos.

3.Lectura musical.

4.Solos e improvisación.

Grupo de Trombóns (Martín Vázquez) Horarios a determinar en función da demanda [C. de Formación Musical de Baamonde] Para perfeccionar o control do instrumento xunto ao resto de compañeiros e compañeiras
Grupo de Saxofóns (Armando Morales) Sábado de 13.00 a 14.00 [Centro Colaborativo Friol] Para perfeccionar o control do instrumento xunto ao resto de compañeiros e compañeiras
Música de Cámara Horarios e profesor a determinar en función da demanda Interpreta música cos teus compañeiros e compañeiras. Trátase dun moi bo complemento ás clases individuais, para participar da música en conxunto.
Música e cine (Xosé Fernández) Horarios a determinar en función da demanda [C. de Formación Musical de Baamonde] Actividade válida para todas as idades, tanto pais/nais como alumnos/as, tanto melómanos coma cinéfilos.
Visualización de películas ou fragmentos e análise e significado das súas bandas sonoras (entendible sen coñecementos avanzados de linguaxe musical).En función da xente inscrita, poderían formarse grupos de cámara para tocar arranxos das bandas sonoras.
Teatro Musical (Martín Vázquez) Horarios a determinar en función da demanda [C. de Formación Musical de Baamonde] Unha actividade para ‘cambiar de pel’ e transformarnos a través do teatro e a música, descobrindo todas esas sensacións e habilidades que agochamos baixo a nosa máscara cotiá. Aprenderemos os recursos básicos para levar a cabo una pequena obra tan divertida como afecionada, froito da imaxinación de todos.
Versións orquestrais (Miguel Franqueiro) Martes en horario a determinar (en función da demanda) [Friol]

Actividade válida para todos os públicos con amor pola música.

Veranse diferentes pezas orquestrais ou fragmentos destas con versións de diferentes orquestas.

Analizarémolo de xeito asequible para calquera que teña ou non coñecementos musicais.

Trataranse obras de diferentes estilos, épocas, interpretacións, etc…

 

3. Horarios individuais

Pode consultar aquí as horas dispoñibles inicialmente para as clases individuais con cada profesor. Teña en conta os lugares en que impartirá clases cada un dos profesores, que poderá ser no Centro de Formación Musical de Baamonde, no Centro Sociocultural de Rábade na Escola de Robra (Outeiro) ou en Friol.

O proceso de escolla da proposta de horarios está dispoñible ao final do formulario de inscrición e só mostrará as horas que quedan libres para cada profesor nese momento determinado. Se ao enviar o formulario lle dá un erro, o máis probable é que algunha das horas que escolleu xa fose reservada e teña que escoller outras.

  • Bombardino (Miguel Franqueiro) – Martes de 17.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Canto (Tabea Graser) – Venres de 11.00 a 14.00 e de 15.00 a 18.00 [C. de Formación Baamonde]
  • Clarinete (Manuel Montero) – Luns de 15:00 a 21:00 [C. de Formación Musical Baamonde], Martes de 15:00 a 21:00  [Escola de Robra], Mércores de 15:00 a 17:30 [Escola de Robra] (hai posibilidade de dalas á mañá se hai demanda).
  • Fagot (Xosé Fernández) – Xoves [C. de Formación Musical Baamonde], Venres, [Escola de Robra, Outeiro].
  • Frauta Traveseira (Estrela Fernández) – Mércores de 15.30 a 21.30, Xoves de 15.30 a 21.00 e Venres de 15.30 a 21.00 C. de Formación Musical Baamonde]
  • Gaita (Sara Coello) – Luns de 15:30 a 20:30  [Escola de Robra], Martes de 16:00 a 22:00 [C. de Formación Musical Baamonde], Mércores de 16:00 a 21:00 [C. de Formación Musical Baamonde].
  • Guitarra, Ukelele, Baixo, Iniciación ao contrabaixo (Carlos Andrés Martínez) – Luns de 15.30 a 22.00  [C. de Formación Musical Baamonde]; Martes de 15.30 a 22.00 [Escola de Robra]
  • Óboe (Miguel Alonso) – Venres de 16:00 a 20:00 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Percusión – Escola de Música (Marco Mendoza) – Luns de 16.00 a 20.00 [C. de Formación Musical Baamonde]; Martes de 16.00 a 20.00 [Escola de Robra, Outeiro]; Mércores de 16.00 a 20.00 [C. de Formación Musical Baamonde]; Xoves de
  • de 16.00 a 20.00 [C. de Formación Musical Baamonde].
  • Percusión – Grao Profesional (Pablo del Valle) – Os horarios escolleranse despois da proba de acceso, en función da demanda.
  • Piano complementario (David Robles) – Mércores, Xoves e Venres de 16.00 a 21.00 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Piano – Grao Profesional (David Robles) – Mércores, Xoves e Venres de 16.00 a 21.00 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Saxofón (Armando Morales) – Martes de 19.00 a 22.00 [Escola de Robra]; Xoves de 15:30 a 22:30 [Escola de Robra]; Venres de 11.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.00 [C. De Formación Musical de Baamonde]; Sábados de 09.00 a 14.00 [Baamonde ou Robra, en función da demanda]
  • Trombón (Martín Vázquez) – Martes de 15.00 a 22.00 [Escola de Robra]
  • Trompa – Escola de música (Jorge Coria) – Venres de 16.00 a 20.00  [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Trompa – Grao Profesional – Os horarios escolleranse despois da proba de acceso, en función da demanda.
  • Trompeta (Adrián Pereira) – Mércores e Xoves de 17.00 a 22.00 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Vento metal Friol – Martes de 17.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Tuba (Miguel Franqueiro) – Martes de 17.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Para calquera outra especialidade instrumental do Grao Profesional, o horario determinarase en función da demanda.
4. Formulario de inscrición

(Se ten problemas para visualizar ou cubrir o formulario nun ordenador, non dubide en contactar coa Asociación no enderezo electrónico musicocrisanto@gmail.com ou no teléfono 678 800 245)

Por favor, non se inscriba dúas veces. Se se quere matricular en varios instrumentos, pode facelo nun só procedemento e, se detecta erros na matrícula, contacte coa Asociación. Grazas pola axuda.

Lembre que, para seleccionar clases individuais dunha hora, deberá seleccionar DOUS TRAMOS DE MEDIA HORA.

 

Prema aquí para acceder ao formulario (a partir do 10 de xuño ás 09:00)

(O alumnado que xa forma parte da escola e o alumnado do novo conservatorio pode matricularse desde o día 10 de xuño ás 9h, o resto do alumnado novo da Escola pode matricularse a partir do día 24 de xuño. Calquera inscrición enviada antes de que corresponda será eliminada)

O alumnado que xa formou parte da Escola necesitará proporcionar os seguintes datos: Nome, Data de nacemento, teléfono e correo electrónico.

O alumnado que se inscribe por primeira vez, terá que proporcionar, ademais: Enderezo, DNI, Número de conta e, no caso de alumnado menor de idade, datos do/a pai/nai/titor-a legal.