Estudos oficiais de grao profesional
O noso centro foi autorizado pola Xunta de Galicia para impartir as ensinanzas regradas de Grao Profesional a partir do curso 2023/2024. Se non coñeces as peculiaridades destas ensinanzas, ofrecemos algo de información nesta páxina, pero tamén te podemos informar se contactas connosco.
Aínda que abriremos a matrícula partir do 12 de xuño, gustaríanos coñecer a demanda que habería para podernos organizar mellor, de modo que abrimos un formulario de preinscrición que poderás encontrar ao fondo desta páxina. Grazas pola colaboración!
INFORMACIÓN BÁSICA
- O Grao Profesional é un título oficial que se organiza en 6 cursos.
- Para acceder a estes estudos, é necesario pasar unha proba de Linguaxe Musical e de Instrumento, para a cal te podemos preparar nas nosas Escolas Mancomunadas de Música. O nivel necesario será o equivalente a 4º de Grao Elemental, ou ao noso actual grupo de Linguaxe Musical Avanzada (Libro 4).
- Ademais da materia de instrumento, estúdase todo o necesario para ser un músico solvente: música de cámara, banda/orquestra, linguaxe musical, harmonía, historia da música, análise…
ITINERARIOS
Os diferentes itinerarios instrumentais inclúen diferentes materias. Reproducimos aquí as táboas cos horarios de cada curso, segundo o publicado no DOG (Decreto 203/2007).
Instrumentos de vento e percusión
(clarinete, fagot, frauta travesa, óboe, percusión, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba)
Piano
Canto
Gaita
Preinscrición
Podes indicar aquí o teu interese por cursar estudos oficiais de grao profesional (conservatorio) connosco.