CARLOS ALEJANDRO TROYA NAVARRO

Nace en Benissanó (Valencia), e na banda dese mesmo concello comeza os seus estudos musicais pasando, posteriormente, ao conservatorio de Llíria, onde remata os estudos de Grao Profesional obtendo o Premio Fin de Grao.

Continúa no conservatorio Joaquín Rodrigo de Valencia, onde remata os seus estudos superiores e gaña o Premio Fin de Carreira na especialidade de saxofón. Participa en diferentes concursos entre os que cabe destacar o primeiro premio no Concurso Internacional da Universidade Europea do Saxofón. Realiza cursos de perfeccionamento con Claude Delangle, Serge Bichon e Daniel Kientzy.

Colabora con numerosas bandas e orquestras realizando gravacións para RTTV e RTVE e actuando coa orquestra do Palau de les Arts Reina Sofía. Sente gran curiosidade pola música moderna e empeza a estudar harmonía moderna e improvisación con Dani Flors, Joan Soler e Kiko Berenguer. Realiza cursos de perfeccionamento cos profesores M.P.Mossmann, Jesús Santandreu e Perico Sambeat. É membro de diferentes grupos de jazz e rock realizando xiras por Francia, Alemaña e Italia.

Realiza cursos de dirección de banda con mestres do talle de Jan Cober e Norman Milanés.

Na actualidade é profesor de saxofón no Conservatorio Superior de Música de Vigo, director da Young Murajazz Bigband e do Lucus Ensemble.