SARA COELLO  SÁNCHEZ

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 BRAIS MONXARDÍN LÓPEZ

Nado en A Fonsagrada é Titulado Superior en Piano (Conservatorio Superior de Música de A Coruña), Titulado Profesional na especialidade de Gaita (Escola de Arte e Lecer Fingoi, Lugo), Máster en Composición (University of Ulster, Northern Ireland, United Kingdom) e Máster Universitario en Formación do Profesorado de Educación Secundaria, Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas (Universidade Europea de Madrid).

Estudou piano coa profesora Anna Mirzoyan, gaita co mestre Pepe Vaamonde e composición cos doutores Laurence Roman e Adam Melvin.

Impartiu ensinanzas de gaita e piano en diferentes conservatorios, escolas e asociacións: profesor asistente de piano na “University of Ulster” (Reino Unido), “Escola de Arte e Lecer Fingoi”, Asociación Cultural “Penas de Rodas”, Asociación Cultural “María Castaña” (Lugo), “Escola de Música Municipal de Guitiriz”.

O longo da súa traxectoria musical formou parte de diferentes agrupacións: “Antaruxas e Sorteiros” de A Fonsagrada; “Acibreira”, sexteto de música medieval co cal percorreu gran parte do territorio nacional; “Seimeira”, cuarteto tradicional composto por Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López “Chino” e Marcos Rodríguez; e o cuarteto tradicional “Illa Pancha” de Ribadeo.

Colaborou como pianista e arranxista en diversos traballos discográficos con “Pepe Vaamonde Grupo”, na gravación da banda sonora “Camiño de Santiago” (Antena 3) e nos documentais “Memorias Rotas” (TVG) e “Vidas Virtuais” (TVE).

Como solista actuou na Trinity College of Music (Londres), Play House of Derry (Northern Ireland) e coa Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, entre outros.

Na actualidade é profesor na “Escola Municipal de Música e danza de Ribadeo”, “Escola de Música Municipal da Pontenova”, “Escola Municipal de Música Rábade-Begonte-Outeiro “Músico Crisanto”) e na Asociación Cultural “Airiños de Orbazai”.

MIGUEL ANXO LÓPEZ BUJÁN

Formouse con Francisco Estévez “Chuco” no Conservatorio de música tradicional de Lalín (2005). Así mesmo, estudou o grao profesional de percusión clásica (2010) e batería na Escola municipal de música moderna e jazz de A Coruña (2010) co mestre Miguel Cabana.

A súa actividade docente abrangue diversas escolas e asociacións culturais da provincia de Lugo. Alén diso, nos últimos anos tamén impartiu numerosos seminarios de percusión tradicional dentro e fóra do contexto galego. Neste sentido, cabe destacar a súa participación na MuziekPublique de Bruxelas ou nos ofertados pola sociedade Galega de Bonn. Foi docente en varias edicións do Curso de Música Tradicional da Granxa de Barreiros, do Curso de Cultura Tradicional de Cántigas e Frores, das Xornadas de Cultura Tradicional de Ribadeo e formador colaborador das entidades galegas para o exterior da Xunta de Galicia.

Actualmente, é percusionista en Pepe Vaamonde Grupo, Cristián Silva EGO Band, así como no cuarteto Efecto Polilla e Acibreira. Colabora tamén con outros grupos e gaiteiros de renome dentro xeografía galega.