Xunta de Galicia

Desde 2017, as nosas Escolas Mancomunadas de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei constitúen un Centro subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, unha consellería que hoxe en día está dividida en dúas, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Cultura e Turismo. Esta axuda resulta fundamental para acompañar o crecemento que está experimentando o noso proxecto educativo mancomunado, que polas súas características é pioneiro na nosa Comunidade Autónoma.