Armando Morales Blanco (director fundador)

Naceu en The Great Yarmouth (G.B.). Comezou a estudar solfexo xa en Castrelo (Cambados) ós 9 anos, con  Ángel Padín. Ós 11 anos, colle nas mans por primeira vez o saxofón, na illa paterna de Gran Canaria, onde recibe as súas primeiras clases  de Antonio Santana, solista da Banda Mpal. de las Palmas. Ó seu retorno a Galicia, entre 1979 e 1984, aprendeu  na Academia de Castrelo co ancián Ángel Padín os principios máis importantes da fermosa Música. Mantívose na súa humilde Escola, dirixida logo do seu falecemento por Modesta Padín, ata 1993. Tocou na Banda de Castrelo entre 1983 e 1993. Nos anos seguintes formou parte, como saxofón barítono, da “Stadt Musik Weil am Rhein” de Eimeldingen (Alemania). Realizou os estudos oficiais no Conservatorio Profesional de Música de Murcia, onde obtivo o título de profesor de saxofón cos docentes Sixto Herrero e Luis Mazza. Foi profesor de saxofón da Escola Mpal. de Música de Mazarrón. Participou dende a súa presentación, como saxofón alto, coa B. Sinfónica da ”Fed. de Bandas de la Región de Murcia”. Foi igualmente   integrante,   dende a súa fundación, do “Ensemble de Saxofones Saxcantábrico”, con sede en Oviedo. Realizou cursos de Perfeccionamento da Técnica e Interpretación do Saxofón, entre outros, cos profesores Rafael Rosell, Federico Coca, David Alonso, Francisco Martínez, Eric Devalon, Marcos Mariño, Narciso Pillo, Jean-Ives Formeau e Arno Bornkamp; así como de Música Carnática con Rafael Reina, Acústica con Miguel Fernández, Improvisación con Paco Charlín, Metodoloxías Kodaly e Orf con Marco Lucato, Pedagoxía Musical na  1ª Infancia con Matilde Rubio, Pedagoxía e Programación da Linguaxe da Música con Borja Durán, Psicoterapia Aplicada á Música con Joaquín Fabra, Musicoterapia con Montse Merino, Informática Musical e Edición de Son con Arturo Vaquero, Improvisación Libre con Chefa Alonso e de Dirección con Carlos Seráns, José Lodeiro, J. Rafael Pascual-Vilaplana, Andrés Valero e Norman Milanés. Foi membro da B. Sinfónica da “Fed. Galega de Bandas Populares”. Exerceu como profesor de saxofón e xefe de estudos na Escola Municipal e Conservatorio de Cambados. Realizou  os estudos superiores da especialidade de saxofón no Conservatorio Superior de Oviedo cos profesores Antonio Cánovas, F. Javier Rodríguez, Gabriel Valera e  John P. Falcone. Dende 2002, toca na Banda Municipal de Lugo. É membro fundador de Murajazz Big Band e presidente da Asoc. Sons do Miño, da que xurde esta, entre outras agrupacións. Foi director fundador das Escolas Municipais de Lugo, Rábade e Begonte, ademais de dirixir o proxecto mancomunado das Escolas Municipais de Rábade&Begonte&Outeiro de Rei, pioneiro en Galicia, xestionadas pola Asoc. C. sen ánimo de lucro, “Músico Crisanto”. En Asemblea Extraordinaria de abril de 2014,  foi nomeado presidente da FGBMP.