Xunta de Galicia
Desde o ano 2017, as nosas Escolas Mancomunadas de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol son un Centro subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consellería que actualmente se divide en dúas, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. e a Consellería de Cultura e Turismo. Esta axuda é fundamental para acompañar o crecemento que está a experimentar o noso proxecto educativo conxunto, que polas súas características é pioneiro na nosa Comunidade Autónoma.