Estudos oficiais de grao profesional
O noso centro foi autorizado pola Xunta de Galicia para impartir as ensinanzas regradas de Grao Profesional a partir do curso 2023/2024. Se non coñeces as peculiaridades destas ensinanzas, ofrecemos algo de información nesta páxina, pero tamén te podemos informar se contactas connosco.
O alumnado interesado en participar na proba de acceso ao Grao Profesional deberá acceder ao formulario de reserva de praza entre os días 15/05 e 31/05. O formulario está dispoñible aquí: https://form.jotform.com/221514554005041
Independentemente da reserva de praza, abriremos a matrícula a partir do 10 de xuño de 2024, mediante o mesmo formulario que usamos para a Escola de Música. Neste formulario, será posible escoller xa unha proposta de horario para a clase individual de instrumento, aínda que obviamente ese horario estará supeditado a que se supere a proba de acceso, que se realizará previsiblemente o día 10 de xullo ás 10:00. O alumnado que non supere a proba pode decidir manter o mesmo horario como membro da Escola de Música.
A participación na proba de acceso ten un custo de 20€.
INFORMACIÓN BÁSICA
- O Grao Profesional é un título oficial que se organiza en 6 cursos.
- Para acceder a estes estudos, é necesario pasar unha proba de Linguaxe Musical e de Instrumento, para a cal te podemos preparar nas nosas Escolas Mancomunadas de Música. O nivel necesario será o equivalente a 4º de Grao Elemental, ou ao noso actual grupo de Linguaxe Musical Avanzada (Libro 4).
- Ademais da materia de instrumento, estúdase todo o necesario para ser un músico solvente: música de cámara, banda/orquestra, linguaxe musical, harmonía, historia da música, análise…
Plan de estudos para os 6 cursos
Os diferentes itinerarios instrumentais inclúen diferentes materias. Reproducimos aquí as táboas cos horarios de cada curso, segundo o publicado no DOG (Decreto 203/2007).
Instrumentos de vento e percusión
(clarinete, fagot, frauta travesa, óboe, percusión, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba)
Piano
Canto
Gaita
PROBA DE ACCESO
Realizarase o día 10 de xullo de 2024 e consistirá no seguinte:
- Para o acceso a 1º, 2º e 3º, unha proba instrumental e outra de Linguaxe Musical
- Para o acceso a 4º, unha proba instrumental e outra de Harmonía e Novas Tecnoloxías
- Para o acceso a 5º, unha proba instrumental e outra de Harmonía e Historia da Música
- Para o acceso a 6º, unha proba instrumental e outra de Análise e Historia da Música
Os criterios de cualificación das probas serán os que se enumeran a continuación. Se hai algunha información que queres consultar, non dubides en contactarnos directamente.
Proba A
- Bombardino: Podes consultalos premendo aquí
- Canto (a determinar en función da demanda)
- Clarinete: Podes consulalos premendo aquí
- Fagot: Podes consultalos premendo aquí
- Frauta: Podes consultalos premendo aquí
- Gaita: Podes consultalos premendo aquí
- Óboe: Podes consultalos premendo aquí
- Percusión: Podes consultalos premendo aquí
- Piano: Podes consultalos premendo aquí
- Saxofón: Podes consultalos premendo aquí
- Trombón: Podes consultalos premendo aquí
- Trompa: (a determinar en función da demanda)
- Trompeta: (a determinar en función da demanda)
- Tuba: Podes consultalos premendo aquí
- Outros instrumentos de corda: (a determinar en función da demanda)
Proba B
- Criterios para a proba de Linguaxe Musical (1º, 2º e 3º de G.P.): Podes consultalos premendo aquí
Tamén podes consultar un modelo de proba de Linguaxe Musical para 1º de G.P premendo aquí.
Os documentos están suxeitos a cambios, consúltaos de novo antes das probas.