ESPERANZA IGLESIAS MÉNDEZ
Natural de Oviedo (Asturias) é Licenciada en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo. Titulada Superior en Piano (Oviedo), Música de Cámara (Oviedo), Solfexo, Teoría da Música, Transposición e Acompañamento (Santiago de Compostela); Pedagoxía Musical, Harmonía, Composición e Instrumentación (Santiago de Compostela) e Canto (Lugo).
Recibiu formación vocal do profesor cántabro D. José Antonio Campo Edesa, deseguido fórmase coa profesora Dª Aránzazu García Escudero e remata a súa formación en canto coa profesora armenia Dª Diana Somkhieva. Complementou a súa formación con diversos cursos relacionados coa voz e o canto coral, entre eles os dirixidos explicitamente a Pedagoxía do coro infantil. Actualmente continúa a súa formación vocal coa profesora Dª Carmen Subrido.
Ofreceu varios concertos coa Asociación Lírica Encantados, baixo a dirección artística de Diana Somkhieva e, en colaboración co coro Cantar Delas, interpretou como solista a obra “Stabat Mater”, de Pergolesi baixo a dirección de Xan Carballal. Participou na zarzuela La Verbena de la Paloma, de T. Bretón, no rol de Susana, representada nos auditorios de Xove, Vilalba e Lugo, en decembro de 2012 e xaneiro de 2013. Colaborou como cantante solista co grupo In Black Cage Ensemble, dentro do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo (Mihl Sons XXI), baixo a dirección do profesor Diego Ventoso Fernández. Canta no grupo Solo Voces dende setembro de 2010.
Dende 2013 forma dúo musical co pianista Aurelio Chao, recuperando obras de compositores lucenses como Xoán Montes, Moreno Fuentes, Bal y Gay, etc…Desta colaboración xurdiu a gravación do disco “Oito cançoes de Juan Antonio Moreno Fuentes sobre poemas de Rosalía” (2014), recuperadas por Fernando Gómez Jácome.
Como pianista, inicia e desenvolve a maior parte da súa formación coa profesora Dna.Conchita Fernández Besteiro (alumna de Purita de la Riva e de Alicia de la Rocha) e realiza cursos de perfeccionamento co catedrático D. Francisco Jaime Pantín. Remata a súa carreira, coas máximas cualificacións, coa profesora e concertista rusa Marina Shamajian. Colabora en diversos concertos benéficos, homenaxes e actos músico -literarios, como intérprete e como pianista acompañante.
Actualmente, é profesora titular de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato (na especialidade de Música) no IES Río Miño de Rábade (Lugo). Acude como poñente a diversos seminarios de técnica vocal, no Departamento de Composición da Universidade da Coruña e dirixe o Coro da Asociación Cultural “Músico Crisanto” de Rábade (Lugo).