Portas abertas

Os máis pequenos poderán asistir libremente ás clases de Música e Movemento nas xornadas de portas abertas dos días 24 e 31 de maio, que terán lugar ás 18:30 (4-5 anos) e ás 19:30 (6-7 anos) no Centro Sociocultural de Rábade.

 

Durante a semana do 3 ao 7 de xuño, o novo alumnado poderá realizar unha clase de proba dos instrumentos que desexe coñecer. Póñase en contacto connosco no número 678 800 245 ou no correo musicocrisanto@gmail.com para confirmar que o profesor estea dispoñible nun horario que lle veña ben.