Benvido/a ao proceso de inscrición

das Escolas Municipais de Música de Rábade-Begonte-Outeiro-Friol

A matrícula estará aberta para o alumnado que estivese inscrito durante o curso 2021/2022 do 1 ao 30 de XUÑO, e para o novo alumnado a partir da semana seguinte, do 13 ao 30 de xuño. O novo curso 2022/2023 comezará o 1 de outubro de 2022. Como en cursos anteriores, a matrícula realizarase preferentemente por internet, a través do formulario dispoñible ao final desta mesma páxina. Tamén se pode realizar esta inscrición contactando coa administración da Asociación Músico Crisanto no teléfono 678 800 245 ou presencialmente no Centro Sociocultural de Rábade en horario de oficina (consulte con anterioridade). Os/as habitantes de Friol tamén poderán acudir presencialmente á Casa do Concello de Friol para realizar a matrícula.

No formulario xa é posible escoller unha proposta de horarios para as clases individuais ou compartidas no mesmo momento da inscrición. A Escola ou o profesor contactarán con vostede antes do inicio do curso para confirmar o horario definitivo.

Recomendamos visualizar a información e o formulario nun ordenador e non nun dispositivo móbil, xa que se poderá ver con máis claridade o proceso, aínda que non é imprescindible.

 

1. Normas xerais

Antes de inscribirse, lea estas breves normas básicas da inscrición na Escola, que lle axudarán a realizar o proceso máis rapidamente:

  • Nesta Escola pódense cursar materias individuais (instrumento), de polo menos 1 hora de duración. En casos en que se requira, tamén se poden cursar clases de media hora (duración mínima ofertada) ou compartidas entre 2 ou 3 persoas (1h), previa autorización do profesor. Tamén se poderá escoller, xa no formulario de inscrición, unha proposta da súa preferencia de horarios, seleccionando dous tramos consecutivos de media hora. A proposta será confirmada unha vez remate o prazo de inscrición.
  • Tamén existen materias colectivas ou grupais (a partir de 4 persoas), que son de horario fixo. Asegúrese de que anota o horario e lugar de todas as materias grupais ás que quere asistir para que non coincidan coa súa proposta de horarios para as materias individuais e para que as aulas onde se imparten non queden moi afastadas entre si, en clases consecutivas.
  • En xeral, a idade recomendada para comezar cun instrumento é a partir de 7 anos. O alumnado menor de 7 anos só se iniciará na formación instrumental (30 minutos) cando así o aconsellen as súas aptitudes ou especiais condicións para afrontar a aprendizaxe no instrumento escollido.
  • Para acceder á formación instrumental todo/a alumno/a inscrito/a debe recibir tamén a pertinente formación en Linguaxe Musical. O grupo para os que o cursen por primeira vez será “Básica 1”, dispoñible en Robra (Outeiro) e en Friol. Para o resto de alumnado, dependerá do nivel de coñecementos. Pódense consultar os grupos premendo nesta ligazón. A participación na clase grupal é obrigatoria para o alumnado menor de idade e recomendable para o alumando adulto. En casos excepcionais, poderase suplir a participación na clase grupal cunha clase individual impartida polo profesor de instrumento (reservando un horario maior).
  • As prazas de piano ofrécense como instrumento complementario (é necesario cursar tamén outro instrumento, neste ou outro centro), podendo pasar a converterse nos seguintes cursos no seu instrumento principal (e tocar en grupo o outro instrumento como complementario).
  • Cando realice a súa proposta de horarios, é necesario que indique tamén, no campo correspondente, outro(s) horario(s) posible(s). Ao facelo, facilitará a asignación dun horario que lle conveña, no caso de que non sexa posible asignarlle a súa proposta principal.
  • Se non quedasen horarios dispoñibles para un/ha profesor/a, cubra o formulario igualmente anotándose en “lista de espera” e indique, no campo da preferencia secundaria, unha proposta xenérica de horarios. A Escola contactará con vostede para posibles ampliacións deses horarios.
  • Se despois de realizar a matrícula se dá conta dalgún erro, non volva cubrir o formulario outra vez, chegará con que avise á Asociación para que o corrixa.
  • As tarifas para o curso 2022-2023 son as mesmas que as do curso 2021-2022. Pode consultalas premendo nesta ligazón.
  • Unha vez comezado o curso, sempre se recuperarán as clases que, en casos excepcionais, tivesen que ser canceladas por falta do profesorado. Polo contrario, nunca se recuperarán clases que fosen canceladas pola falta do alumnado.
2. Horarios grupais

Aínda que durante o proceso de inscrición lle volveremos lembrar os horarios das materias grupais, recomendamos que as anote xa para telas claras antes de comezar a inscrición. Comprobe ben os horarios, xa que pode haber cambios con respecto ao curso anterior.

Teña en conta os lugares en que se impartirán, que poderá ser no Centro de Formación Musical de Baamonde*, no Instituto de Rábade, na Escola de Robra (Outeiro) ou en Friol.

AGRUPACIÓNS

Materia Horario
Banda “Sons e Soños” (dir. Armando Morales): Venres de 20.00 a 22.00 (C. de Formación Musical de Baamonde)
Banda da Escola (dir. Pablo López): Venres de 19.00 a 20.00 (C. de Formación Musical de Baamonde)
Brass Band, grupo de metais. (Miguel Franqueiro): Horario a determinar (Colexio de Friol)
Big Band (dir. Toño Otero): Horario a determinar
Canto e percusión tradicionais (Branca Villares): Mércores de 19.30 a 20.30 (C. de Formación Musical Baamonde)
Canto e percusión tradicionais Adultos (Branca Villares): Mércores de 20.30 a 21.30 (C. de Formación Musical Baamonde)
Coro (dir. Esperanza Iglesias): Luns e Xoves de 20.00 a 22.00 (C. Sociocultural de Rábade)
Conxunto de Gaitas e Percusión tradicional (dir. Daniel Fernández): Xoves de 20:00 a 21:00 ou Sábado, de 13:00 a 14:00 (C. de Formación Musical de Baamonde) [a determinar segundo o número de matriculados en cada opción]
Grupo de Percusión Tradicional  (Daniel Fernández): Xoves ou Sábado, horario a determinar (C. de Formación Musical de Baamonde)
Grupo de clarinetes (Manuel Montero): Martes de 19.00 a 20.00 (Escola de Robra, Outeiro).
Grupo de percusión sinfónica (Marco Mendoza): Venres de 19.00 a 20.00 (C. de Formación Musical de Baamonde)

INFANTIL

O alumnado que xa asistiu a Música e Movemento no curso pasado pode consultar o grupo que lle corresponde premendo nesta ligazón.

Materia Horario
Música e Movemento Outeiro (Xosé Fernández):

Grupo 1A: Venres de 16.00 a 17.00 (Escola de Robra, Outeiro)

Grupo 2: Horario a determinar en función da demanda

Grupo 3A, Iniciación á Linguaxe Musical (6/7 e 7/8 anos): Venres, de 17.00 a 18.00 (Escola de Robra, Outeiro)

[os grupos distribuiranse en función das inscricións.]

Música e Movemento CPI Friol (Xosé Fernández):

Grupo 1B: Venres de 14.00 a 14.45 (CPI Friol)

Grupo 3B, (6/7 e 7/8 anos): Xoves de 14.00 a 14.45 (CPI Friol)

[os grupos distribuiranse en función das inscricións.]

Música e Movemento CEIP Rábade Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Música e Movemento CEIP Begonte Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Monicreques Musicais (Martín Vázquez)

Mércores de 17.00 a 18.00 (C. de Formación Musical de Baamonde).

[podería facerse tamén noutros locais se conta cun mínimo de alumnado]

  • Que son os Monicreques Musicais?
Unha actividade para ‘cambiar de pel’ e transformarnos a través do teatro e a música. Deseñando, fabricando e manexando marionetas, descobriremos unha multitude de personaxes que cobran vida e nos fan ver o seu carácter. Aprenderemos os recursos básicos para levar a cabo unha pequena obra tan divertida como afeccionada, froito da imaxinación de todos.
 

LINGUAXE MUSICAL

Os grupos fórmanse en función dos coñecementos do alumnado, para crear grupos homoxéneos. O alumnado a partir de 8 anos que o cursa por primeira vez (ou que cursase Música e Movemento anteriormente) irá ao grupo “Básica 1” (en Robra ou Friol). O resto, pode consultar o grupo que lle corresponde premendo nesta ligazón.

Materia Horario
Linguaxe Musical Básica 1A: Venres de 18.00 a 19.00 (Escola de Robra)
Neste grupo irá tamén o novo alumnado maior de 8 anos que comece neste curso.
Linguaxe Musical Básica 1B (Friol): Martes de 16.30 a 17.30 (Colexio de Friol)
Para o novo alumnado maior de 8 anos que comece neste curso.
Linguaxe Musical Básica 2A: Xoves de 16.30 a 17.30 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical Básica 2B: Mércores de 16.00 a 17.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical Básica 3 (Friol): Martes de 17.30 a 18.30 (Colexio de Friol)
Linguaxe Musical Básica 4A: Mércores de 17.00 a 18.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical Básica 4B: Mércores de 18.00 a 19.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical Media 1A: Xoves de 18.30 a 19.30 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical Media 1B: Mércores de 19.00 a 20.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)
Linguaxe Musical Avanzada:

Preparación para a proba de acceso a Grao Profesional (conservatorio) [horario en función da demanda] (C. de Formación Musical de Baamonde)

Linguaxe Musical – Adultos: Mércores de 20.00 a 21.00 (Centro de Formación Musical de Baamonde)

 

OUTRAS ACTIVIDADES EN GRUPO

 

Materia Horario Descrición
Combos de rock e música moderna (Carlos Andrés López) Luns, Martes ou Mércores en horario a determinar (en función da demanda) [Escola de Robra, Outeiro] Aprende música cos teus amigos desde 0, e coa música que máis che gusta, a través destes obradoiros grupais onde exploraremos a música dos grandes artistas do rock e pop de todos os tempos.
Conxunto (Xosé Fernández) Horarios a determinar en función da demanda [C. de Formación Musical de Baamonde] Formación de agrupacións entre diferentes instrumentos.
Se queres compartir o teu gusto pola música cos teus amig@s e compañeir@s esta é a túa actividade.
A gama de música a interpretar variará dende a música clásica, pop, rock, bandas sonoras, jazz, música urbana entre outras.
Fundamentos de Composición (Manuel Mª Veiga Martes en horario a determinar (en función da demanda) [C. de Formación Musical de Baamonde]

Introdución á composición musical. Pódese cursar tanto no grupo que se menciona como escollendo un horario individual (como un instrumento máis)

 

Grupo coral infantil/xuvenil (Martín Vázquez) Horario e lugar a determinar (en función da demanda) Canto coral en conxunto
Grupo de Fagotes (Xosé Fernández) Horarios a determinar en función da demanda [C. de Formación Musical de Baamonde] Para perfeccionar o control do instrumento xunto ao resto de compañeiros e compañeiras
Grupo de percusión latina (Marco Mendoza) Horarios a determinar en función da demanda [Escola de Robra, Outeiro]

– Instrumentos: congas, bongós, pailas, maracas, güiro, güira, clave, shaker, cajón

– Ritmos: cumbia, merengue, bachata, son montuno, chachachá, salsa, rumba cubana (guaguancó, yambú, columbia), songo, bomba, plena, entre outros.

As clases serán para todos os niveis. Os diferentes instrumentos de percusión latina estudaranse com material de apoio (audios e partituras) e estarán enfocados en:

1.Técnica e son.

2.Ritmos e estilos.

3.Lectura musical.

4.Solos e improvisación.

Grupo de Trombóns (Martín Vázquez) Horarios a determinar en función da demanda [C. de Formación Musical de Baamonde] Para perfeccionar o control do instrumento xunto ao resto de compañeiros e compañeiras
Grupo de Saxofóns (Armando Morales) Sábado de 13.00 a 14.00 [Centro Colaborativo Friol] Para perfeccionar o control do instrumento xunto ao resto de compañeiros e compañeiras
Harmonía (Manuel Mª Veiga Martes en horario a determinar (en función da demanda) C. de Formación Musical de Baamonde] Estudo, identificación e escrita dos acordes no sistema tonal

Introdución á análise das músicas de tradición oral

(Daniel Fernández)

Mércores ou Xoves en horario a determinar (en función da demanda) [C. de Formación Musical de Baamonde]

Centrándonos na música galega de tradición oral, trataremos os seus ritmos e xéneros e aprenderemos a introducirnos nas súas melodías e textos e descubrir as súas características.

É esta unha materia de interese tanto para persoas con inquedanzas culturais sobre as nosas músicas tradicionais coma para intérpretes destas ou outras músicas de cara a coñeceren mellor este repertorio ou, incluso, para opositores e opositoras ao corpo de profesorado de educación primaria na especialidade de música.

Música de Cámara Horarios e profesor a determinar en función da demanda Interpreta música cos teus compañeiros e compañeiras. Trátase dun moi bo complemento ás clases individuais, para participar da música en conxunto.
Música e cine (Xosé Fernández) Venres de 20.30 a 21.30 [C. de Formación Musical de Baamonde] Actividade válida para todas as idades, tanto pais/nais como alumnos/as, tanto melómanos coma cinéfilos.
Visualización de películas ou fragmentos e análise e significado das súas bandas sonoras (entendible sen coñecementos avanzados de linguaxe musical).En función da xente inscrita, poderían formarse grupos de cámara para tocar arranxos das bandas sonoras.
Teatro Musical (Martín Vázquez) Horarios a determinar en función da demanda [C. de Formación Musical de Baamonde] Unha actividade para ‘cambiar de pel’ e transformarnos a través do teatro e a música, descobrindo todas esas sensacións e habilidades que agochamos baixo a nosa máscara cotiá. Aprenderemos os recursos básicos para levar a cabo una pequena obra tan divertida como afecionada, froito da imaxinación de todos.
Versións orquestrais (Miguel Franqueiro) Martes en horario a determinar (en función da demanda) [Friol]

Actividade válida para todos os públicos con amor pola música.

Veranse diferentes pezas orquestrais ou fragmentos destas con versións de diferentes orquestas.

Analizarémolo de xeito asequible para calquera que teña ou non coñecementos musicais.

Trataranse obras de diferentes estilos, épocas, interpretacións, etc…

 

* Se o edificio do Centro de Formación Musical de Baamonde non estivese listo no inicio do curso, comezaría no Instituto de Rábade

3. Horarios individuais

Pode consultar aquí as horas dispoñibles inicialmente para as clases individuais con cada profesor. Teña en conta os lugares en que impartirá clases cada un dos profesores, que poderá ser no Centro de Formación Musical de Baamonde*, no Centro Sociocultural de Rábade na Escola de Robra (Outeiro) ou en Friol.

O proceso de escolla da proposta de horarios está dispoñible ao final do formulario de inscrición e só mostrará as horas que quedan libres para cada profesor nese momento determinado. Se ao enviar o formulario lle dá un erro, o máis probable é que algunha das horas que escolleu xa fose reservada e teña que escoller outras.

  • Bombardino (Miguel Franqueiro) – Martes de 18.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Canto – Martes de 16.00 a 22.00 (suxeito a cambios) [C. de Formación Baamonde]
  • Clarinete (Manuel Montero) – Luns de 15.00 a 20.30 [C. de Formación Musical Baamonde], Martes de 15.00 a 19.00 e de 20.00 a 21.00 [Escola de Robra], Mércores de 15.00 a 18.30 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Fagot (Xosé Fernández) – Xoves de 17.30 a 18.30 e de 19.30 a 20.30 [C. de Formación Musical Baamonde], Mércores, horas a determinar en función da demanda [Friol]
  • Frauta Traveseira (Estrela Fernández) – Luns 16.00 a 19.00 [Friol, se hai número suficiente], Venres de 15.00 a 18.00 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Fundamentos de Composición, Harmonía, Análise (Manuel Mª Veiga) –  Martes de 16.00 a 21.00 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Gaita (Daniel Fernández) – Xoves de 16.00 a 20.00 [C. de Formación Musical Baamonde]; Sábado de 10.00 a 13.00 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Guitarra, Ukelele, Baixo, Iniciación ao contrabaixo (Carlos Andrés López) – Luns e Martes de 15.00 a 18.30 e de 19.00 a 22.00  [C. de Formación Musical Baamonde]; Mércores de 15.00 a 18.30 e de 19.00 a 22.00 [Escola de Robra]
  • Improvisación (Toño Otero) – Escollerase máis adiante en función da demanda
  • Óboe (Pablo López) – Venres de 16.00 a 19.00 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Percusión (Marco Mendoza) – Luns e Mércores de 16.00 a 21.00 [C. de Formación Musical Baamonde]; Martes de 16.00 a 21.00 [Escola de Robra, Outeiro]; Venres de 16.00 a 19.00 e de 20.00 a 21.00 [C. de Formación Musical Baamonde] Ocos de media hora o venres
  • Piano complementario (David Robles) – Mércores, Xoves e Venres de 15.30 a 22.30 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Saxofón (Armando Morales) – Martes de 15.30 a 22.30 [C. de Formación Musical Baamonde]; Xoves de 15.30 a 22.30 [Escola de Robra, Outeiro]; Sábados de 09.00 a 13.00 [Centro Colaborativo, Friol]
  • Trombón (Martín Vázquez) – Martes de 16.00 a 22.00 e Mércores de 18.00 a 22.00  [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Trompa (Pedro Castro) – Xoves de 16.00 a 20.00 [Escola de Robra] e Venres de 16.00 a 20.00  [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Trompa Friol – Martes de 18.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Trompeta (Adrián Pereira) – Mércores e Venres de 16.30 a 20.30 [C. de Formación Musical Baamonde]
  • Trompeta Friol – Martes de 18.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Tuba (Miguel Franqueiro) – Martes de 18.30 a 21.00 [Colexio de Friol]

 

* Se o edificio do Centro de Formación Musical de Baamonde non estivese listo no inicio do curso, comezaría no Instituto de Rábade

4. Formulario de inscrición

(Se ten problemas para visualizar ou cubrir o formulario nun ordenador, non dubide en contactar coa Asociación no enderezo electrónico musicocrisanto@gmail.com ou no teléfono 678 800 245)

Por favor, non se inscriba dúas veces. Se se quere matricular en varios instrumentos, pode facelo nun só procedemento e, se detecta erros na matrícula, contacte coa Asociación. Grazas pola axuda.

Lembre que, para seleccionar clases individuais dunha hora, deberá seleccionar DOUS TRAMOS DE MEDIA HORA.

Acceda ao formulario premendo aquí

Se ten problemas para abrilo, prema na seguinte ligazón: https://form.jotform.com/221424483316350

O alumnado que xa formou parte da Escola necesitará proporcionar os seguintes datos: Nome, DNI, teléfono e correo electrónico.

O alumnado que se inscribe por primeira vez, terá que proporcionar, ademais: Enderezo, Número de conta e, no caso de alumnado menor de idade, datos do/a pai/nai/titor-a legal.