Benvido/a ao proceso de inscrición

das Escolas Municipais de Música de Rábade-Begonte-Outeiro-Friol

A matrícula está aberta (do luns 6 ao 20 de setembro) para o novo curso 2021/2022, que comezará o 1 de outubro. Como en cursos anteriores, realizarase preferentemente por internet, a través do formulario dispoñible ao final desta mesma páxina. Tamén pode realizarse esta inscrición contactando coa administración da Asociación Músico Crisanto no teléfono 678 800 245 ou presencialmente no Centro Sociocultural de Rábade en horario de oficina (consulte con anterioridade). Os/as habitantes  de Friol tamén poderán acudir presencialmente á Casa do Concello de Friol para realizar a matrícula.

No formulario xa é posible escoller unha proposta de horarios para as clases individuais ou compartidas no mesmo momento da inscrición. A Escola ou o profesor contactarán con vostede antes do inicio do curso para confirmar o horario definitivo. Ademais, debido á situación actual, existirá tamén a posibilidade de decidir se desexaría continuar coas clases de modo virtual no caso de que as clases presenciais se teñan que volver suspender durante algún momento do novo curso.

Recomendamos visualizar a información e o formulario nun ordenador e non nun dispositivo móbil, xa que se poderá ver con máis claridade o proceso, aínda que non é imprescindible.

 

1. Normas xerais

Antes de inscribirse, lea estas breves normas básicas da inscrición na Escola, que lle axudarán a realizar o proceso máis rapidamente:

  • Nesta Escola pódense cursar materias individuais (instrumento), de polo menos 1 hora de duración. En casos en que se requira, tamén se poden cursar clases de media hora (duración mínima ofertada) ou compartidas entre 2 ou 3 persoas (1h), previa autorización do profesor. Tamén se poderá escoller, xa no formulario de inscrición, unha proposta da súa preferencia de horarios, seleccionando dous tramos consecutivos de media hora. A proposta será confirmada unha vez remate o prazo de inscrición.
  • Tamén existen materias colectivas ou grupais (a partir de 4 persoas), que son de horario fixo. Asegúrese de que anota o horario e lugar de todas as materias grupais ás que quere asistir para que non coincidan coa súa proposta de horarios para as materias individuais e para que as aulas onde se imparten non queden moi afastadas entre si, en clases consecutivas.
  • En xeral, a idade recomendada para comezar cun instrumento é a partir de 7 anos. O alumnado menor de 7 anos só se iniciará na formación instrumental (30 minutos) cando así o aconsellen as súas aptitudes ou especiais condicións para afrontar a aprendizaxe no instrumento escollido.
  • Para acceder á formación instrumental todo/a alumno/a inscrito/a debe recibir tamén a pertinente formación en Linguaxe Musical. O grupo para os que o cursen por primeira vez será “Básica 1”. Para o resto de alumnado, virá determinado polo Departamento de Linguaxe Musical. Pódese consultar premendo nesta ligazón.
  • As prazas de piano ofrécense como instrumento complementario (é necesario cursar tamén outro instrumento, neste ou outro centro), podendo pasar a converterse nos seguintes cursos no seu instrumento principal (e tocar en grupo o outro instrumento como complementario).
  • Cando realice a súa proposta de horarios, é necesario que indique tamén, no campo correspondente, outro(s) horario(s) posible(s). Ao facelo, facilitará a asignación dun horario que lle conveña, no caso de que non sexa posible asignarlle a súa proposta principal.
  • Se non quedasen horarios dispoñibles para un/ha profesor/a, cubra o formulario igualmente e indique, no campo da preferencia secundaria, unha proposta xenérica de horarios. A Escola contactará con vostede para posibles ampliacións deses horarios.
  • Se despois de realizar a matrícula se dá conta dalgún erro, non volva cubrir o formulario outra vez, chegará con que avise á Asociación para que o corrixa.
  • Neste curso, damos a opción tamén de escoller un ensino a distancia, no caso de que as clases presenciais se teñan que cancelar de novo.
  • As tarifas para o curso 2021-2022 foron actualizadas. Pode consultalas premendo nesta ligazón.
2. Horarios grupais

Aínda que durante o proceso de inscrición lle volveremos lembrar os horarios das materias grupais, recomendamos que as anote xa para telas claras antes de comezar a inscrición. Comprobe ben os horarios, xa que pode haber cambios con respecto ao curso anterior.

Teña en conta os lugares en que se impartirán, que poderá ser na Casa da Cultura de Begonte, no Instituto de Rábade, na Escola de Robra (Outeiro) ou en Friol.

AGRUPACIÓNS

Materia Horario
Banda “Sons e Soños” (dir. Armando Morales): Venres de 20.00 a 22.00 (C. Sociocultural de Begonte)
Banda da Escola (dir. Pablo López): Venres de 19.00 a 20.00 (C. Sociocultural de Begonte)
Brass Band, grupo de metais. (Miguel Franqueiro): Horario a determinar (Colexio de Friol)
Big Band (dir. Toño Otero): Horario a determinar
Banda de gaitas (dir. Daniel Fernández): Mércores de 20:00 a 21:00 (Instituto de Rábade)
Grupo de percusión Tradicional  (Daniel Fernández): Mércores de 21:00 a 22:00 (Instituto de Rábade)
Canto e percusión tradicionais (Branca Villares): Mércores de 19.30 a 20.30 (Instituto de Rábade)
Canto e percusión tradicionais Adultos (Branca Villares): Mércores de 20.30 a 21.30 (Instituto de Rábade)
Coro (dir. Esperanza Iglesias): Luns e Xoves de 20.00 a 22.00 (C. Sociocultural de Rábade)
Grupo de clarinetes (Manuel Montero): Martes de 19.00 a 20.00 (Escola de Robra, Outeiro).
Grupo de percusión sinfónica (Marco Mendoza): Venres de 18.00 a 19.00 (C. Sociocultural de Begonte)

INFANTIL

Materia Horario
Música e Movemento Outeiro (Xosé Fernández):

Grupo 1: Venres de 16.00 a 17.00 (Escola de Robra, Outeiro)

Grupo 2: Venres, de 17.00 a 18.00 (Escola de Robra, Outeiro)

[os grupos distribuiranse en función das inscricións]

Música e Movemento Rábade (Paula Veiga) Martes, de 18.30 a 19.30 (Instituto de Rábade)
Música e Movemento CEIP Begonte (Xosé Fernández): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Música e Movemento CPI Friol (Pablo López): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Monicreques Musicais (Martín Vázquez) – Outeiro Mércores de 17.00 a 18.00 (Escola de Robra, Outeiro)
Monicreques Musicais (Martín Vázquez) – Rábade Mércores de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)
Monicreques Musicais (Martín Vázquez) – Friol Xoves de 19.00 a 20.00 (Colexio de Friol)
Monicreques Musicais (Martín Vázquez) – Begonte Xoves de 17.00 a 18.00 (C. Sociocultural de Begonte)
  • Que son os Monicreques Musicais?
Unha actividade para ‘cambiar de pel’ e transformarnos a través do teatro e a música. Deseñando, fabricando e manexando marionetas, descobriremos unha multitude de personaxes que cobran vida e nos fan ver o seu carácter. Aprenderemos os recursos básicos para levar a cabo unha pequena obra tan divertida como afeccionada, froito da imaxinación de todos.
 

LINGUAXE MUSICAL

O alumnado a partir de 8 anos que o cursa por primeira vez (ou que cursase Música e Movemento anteriormente) irá ao grupo “Básica 1” (en Rábade ou Friol). O resto, pode consultar o grupo que lle corresponde premendo nesta ligazón.

Materia Horario
Linguaxe Musical Básica 1A: Xoves de 17:00 a 18:00 (Instituto de Rábade)
Neste grupo irán todos os que o cursan por primeira vez ou veñan de Música e Movemento.
Linguaxe Musical Básica 1B (Friol): Martes de 16:30 a 17:30 (Colexio de Friol)
Linguaxe Musical Básica 2: Martes de 17:00 a 18:00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Básica 2B (Friol): Xoves de 16:30 a 17:30 (Colexio de Friol)
Linguaxe Musical Básica 3: Mércores de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade).
Linguaxe Musical Básica 4: Xoves de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Media 1: Martes de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Media 2: Venres de 18.00 a 19.00 (Escola de Robra, Outeiro)
Linguaxe Musical Avanzada: Mércores de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical – Adultos: Martes de 20.00 a 21.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical – Adultos Friol: Martes de 21.00 a 22.00 (Friol)

 

OUTRAS ACTIVIDADES EN GRUPO

 

Materia Horario Descrición
Combos de rock e música moderna (Carlos Andrés López) Luns, Martes ou Mércores en horario a determinar (en función da demanda) [Escola de Robra, Outeiro] Aprende música cos teus amigos desde 0, e coa música que máis che gusta, a través destes obradoiros grupais onde exploraremos a música dos grandes artistas do rock e pop de todos os tempos.
Conxunto (Xosé Fernández) Horarios a determinar en función da demanda [Instituto de Rábade] Formación de agrupacións entre diferentes instrumentos.
Se queres compartir o teu gusto pola música cos teus amig@s e compañeir@s esta é a túa actividade.
A gama de música a interpretar variará dende a música clásica, pop, rock, bandas sonoras, jazz, música urbana entre outras.
Fundamentos de Composición (Manuel Mª Veiga Martes en horario a determinar (en función da demanda) [Instituto de Rábade]

Introdución á composición musical. Pódese cursar tanto no grupo que se menciona como escollendo un horario individual (como un instrumento máis)

 

Grupo coral infantil/xuvenil (Martín Vázquez) – Begonte Xoves de 16.00 a 17.00 [C. Sociocultural de Begonte] Canto coral en conxunto
Grupo coral infantil/xuvenil (Martín Vázquez) – Friol Xoves de 20.00 a 21.00 [Colexio de Friol] Canto coral en conxunto
Grupo coral infantil/xuvenil (Martín Vázquez) – Outeiro de Rei Mércores de 16.00 a 17.00 [Escola de Robra, Outeiro] Canto coral en conxunto
Grupo coral infantil/xuvenil (Martín Vázquez) – Rábade Mércores de 20.00 a 21.00 [Instituto de Rábade] Canto coral en conxunto
Grupo de Fagotes (Xosé Fernández) Horarios a determinar en función da demanda [Instituto de Rábade] Para perfeccionar o control do instrumento xunto ao resto de compañeiros e compañeiras
Grupo de percusión latina (Marco Mendoza) Horarios a determinar en función da demanda [Escola de Robra, Outeiro]

– Instrumentos: congas, bongós, pailas, maracas, güiro, güira, clave, shaker, cajón

– Ritmos: cumbia, merengue, bachata, son montuno, chachachá, salsa, rumba cubana (guaguancó, yambú, columbia), songo, bomba, plena, entre outros.

As clases serán para todos os niveis. Os diferentes instrumentos de percusión latina estudaranse com material de apoio (audios e partituras) e estarán enfocados en:

1.Técnica e son.

2.Ritmos e estilos.

3.Lectura musical.

4.Solos e improvisación.

Grupo de Trombóns (Martín Vázquez) Horarios a determinar en función da demanda [Instituto de Rábade] Para perfeccionar o control do instrumento xunto ao resto de compañeiros e compañeiras
Grupo de Saxofóns (Armando Morales) Sábado de 13.00 a 14.00 [Centro Colaborativo Friol] Para perfeccionar o control do instrumento xunto ao resto de compañeiros e compañeiras
Harmonía (Manuel Mª Veiga Martes en horario a determinar (en función da demanda) [Instituto de Rábade] Estudo, identificación e escrita dos acordes no sistema tonal

Introdución á análise das músicas de tradición oral

(Daniel Fernández)

Mércores ou Xoves en horario a determinar (en función da demanda) [Instituto de Rábade]

Centrándonos na música galega de tradición oral, trataremos os seus ritmos e xéneros e aprenderemos a introducirnos nas súas melodías e textos e descubrir as súas características.

É esta unha materia de interese tanto para persoas con inquedanzas culturais sobre as nosas músicas tradicionais coma para intérpretes destas ou outras músicas de cara a coñeceren mellor este repertorio ou, incluso, para opositores e opositoras ao corpo de profesorado de educación primaria na especialidade de música.

Música de Cámara Horarios e profesor a determinar en función da demanda Interpreta música cos teus compañeiros e compañeiras. Trátase dun moi bo complemento ás clases individuais, para participar da música en conxunto.
Música e cine (Xosé Fernández) Venres de 20.30 a 21.30 [Casa da Cultura de Begonte] Actividade válida para todas as idades, tanto pais/nais como alumnos/as, tanto melómanos coma cinéfilos.
Visualización de películas ou fragmentos e análise e significado das súas bandas sonoras (entendible sen coñecementos avanzados de linguaxe musical).En función da xente inscrita, poderían formarse grupos de cámara para tocar arranxos das bandas sonoras.
Teatro Musical (Martín Vázquez) Horarios a determinar en función da demanda [Instituto de Rábade] Unha actividade para ‘cambiar de pel’ e transformarnos a través do teatro e a música, descobrindo todas esas sensacións e habilidades que agochamos baixo a nosa máscara cotiá. Aprenderemos os recursos básicos para levar a cabo una pequena obra tan divertida como afecionada, froito da imaxinación de todos.
Versións orquestrais (Miguel Franqueiro) Martes en horario a determinar (en función da demanda) [Instituto de Rábade]

Actividade válida para todos os públicos con amor pola música.

Veranse diferentes pezas orquestrais ou fragmentos destas con versións de diferentes orquestas.

Analizarémolo de xeito asequible para calquera que teña ou non coñecementos musicais.

Trataranse obras de diferentes estilos, épocas, interpretacións, etc…

3. Horarios individuais

Pode consultar aquí as horas dispoñibles inicialmente para as clases individuais con cada profesor. Teña en conta os lugares en que impartirá clases cada un dos profesores, que poderá ser na Casa da Cultura de Begonte, no Instituto de Rábade, ou na Escola de Robra (Outeiro) ou en Friol.

O proceso de escolla da proposta de horarios está dispoñible ao final do formulario de inscrición e só mostrará as horas que quedan libres para cada profesor nese momento determinado. Se ao enviar o formulario lle dá un erro, o máis probable é que algunha das horas que escolleu xa fose reservada e teña que escoller outras.

 

  • Bombardino (Miguel Franqueiro) – Martes de 17.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Canto e efectos vocais (Sara Nebra) – Martes de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Clarinete (Manuel Montero) – Luns de 15.00 a 21.00 [Instituto de Rábade], Martes de 15.00 a 19.00 e de 20.00 a 21.00 [Escola de Robra], Mércores de 15.00 a 18.00 [Instituto de Rábade], Sábado 09.00 a 14.00 [Escola de Robra, Outeiro]
  • Fagot (Xosé Fernández) – Xoves de 16.00 a 17.00 e de 19.00 a 21.00 [Instituto de Rábade], Venres de 19.00 a 20.30 [Escola de Robra, Outeiro]
  • Frauta Traveseira (María Neira) – Venres de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Fundamentos de Composición, Harmonía, Análise (Manuel Mª Veiga) –  Martes de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Gaita (Daniel Fernández) – Mércores de 16.00 a 20.00 [Instituto de Rábade]; Xoves de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Guitarra, Ukelele, Baixo, Iniciación ao contrabaixo (Carlos Andrés López) – Luns, Martes e Mércores de 15.30 a 18.30 e de 19.00 a 22.00  [Escola de Robra]; Sábados de 10.00 a 14.00 [Escola de Robra]
  • Improvisación (Toño Otero) – Escollerase máis adiante en función da demanda
  • Óboe (Pablo López) – Martes e Mércores de 16.00 a 17.00 e de 19.00 a 20.00 [Instituo de Rábade]; Xoves de 17.30 a 21.00 [Colexio de Friol]; Venres de 16.00 a 19.00 e de 20.00 a 21.00 [C. Sociocultural de Begonte]
  • Percusión (Marco Mendoza) – Luns, Martes, Mércores e Xoves de 15.30 a 21.30 [Escola de Robra, Outeiro]; Martes de 09.30 a 12.30 [Escola de Robra, Outeiro]; Venres de 16.00 a 18.00 [C. Sociocultural de Begonte] (ocos de media hora só os venres)
  • Piano complementario (David Robles) – Mércores de 15.30 a 22.30 [Instituto de Rábade], Xoves de 15.30 a 22.30 [Casa da Cultura de Begonte] e Venres de 15.30 a 22.30 [Instituto de Rábade]
  • Saxofón (Armando Morales) – Martes de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]; Sábados de 09.00 a 13.00 [Centro Colaborativo, Friol]
  • Trombón (Martín Vázquez) – Luns de 18.30 a 21.00 e Martes de 16.00 a 21.00 [Instituto de Rábade]
  • Trompa (Pedro Castro) – Luns, Martes, Mércores e Xoves de 16.00 a 22.00  [Escola de Robra, Outeiro]
  • Trompa Friol – Martes de 17.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Trompeta (Adrián Pereira) – Mércores e Venres de 16.30 a 20.30 [Instituto de Rábade
  • Trompeta Friol – Martes de 17.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Tuba (Miguel Franqueiro) – Martes de 17.30 a 21.00 [Colexio de Friol]
  • Violín (Paula Veiga) – Martes de 16.00 a 18.30 e de 19.30 a 20.00 [Instituto de Rábade]
4. Formulario de inscrición

(Se ten problemas para visualizar ou cubrir o formulario nun ordenador, non dubide en contactar coa Asociación no enderezo electrónico musicocrisanto@gmail.com ou no teléfono 678 800 245)

Por favor, non se inscriba dúas veces. Se se quere matricular en varios instrumentos, pode facelo nun só procedemento e, se detecta erros na matrícula, contacte coa Asociación. Grazas pola axuda.

Lembre que, para seleccionar clases individuais dunha hora, deberá seleccionar DOUS TRAMOS DE MEDIA HORA.

 

Acceda ao formulario PREMENDO AQUÍ

 

(Se non funciona tamén pode probar CON ESTA LIGAZÓN: https://form.jotform.com/211873297535363)

O alumnado que xa formou parte da Escola necesitará proporcionar os seguintes datos: Nome, DNI, teléfono e correo electrónico.

O alumnado que se inscribe por primeira vez, terá que proporcionar, ademais: Enderezo, Número de conta e, no caso de alumnado menor de idade, datos do/a pai/nai/titor-a legal.