Benvido/a ao proceso de inscrición

das Escolas Municipais de Música de Rábade-Begonte-Outeiro

A partir do día 20/07 poderás matricularte no novo curso 2020/2021, que comezará en setembro. Como en cursos anteriores, realizarase preferentemente por internet, a través do formulario dispoñible ao final desta mesma páxina. Tamén pode realizarse esta inscrición contactando coa administración Asociación Músico Crisanto no teléfono 678 800 245 ou presencialmente no instituto de Rábade durante o mes de xullo, na aula de Música, os luns de 18:30 a 22:00.

No formulario xa é posible escoller unha proposta de horarios para as clases individuais no mesmo momento da inscrición. A Escola ou o profesor contactarán con vostede antes do inicio do curso para confirmar o horario definitivo. Ademais, debido á situación actual, existirá tamén a posibilidade de decidir se desexaría continuar coas clases de modo virtual no caso de que as clases presenciais se teñan que volver suspender durante algún momento do novo curso.

Recomendamos visualizar a información e o formulario nun ordenador e non nun dispositivo móbil, xa que se poderá ver con máis claridade o proceso, aínda que non é imprescindible.

Neste formulario poderá inscribirse en calquera das nosas materias, salvo para a nova materia Canto en Idiomas, para a cal abrimos un formulario diferente ao que pode acceder premendo aquí.

1. Normas xerais

Antes de inscribirse, lea estas breves normas básicas da inscrición na Escola, que lle axudarán a realizar o proceso máis rapidamente:

  • Nesta Escola pódense cursar materias individuais (instrumento), de polo menos 1 hora de duración. En casos en que se requira, tamén se poden cursar clases de media hora (duración mínima ofertada) ou compartidas con outra persoa (1h), previa autorización do profesor. Tamén se poderá escoller, xa no formulario de inscrición, unha proposta da súa preferencia de horarios, seleccionando dous tramos consecutivos de media hora. A proposta será confirmada unha vez remate o prazo de inscrición.
  • Tamén existen materias colectivas ou grupais, que son de horario fixo. Asegúrese de que anota o horario e lugar de todas as materias grupais ás que quere asistir para que non coincidan coa súa proposta de horarios para as materias individuais e para que as aulas onde se imparten non queden moi afastadas entre si, en clases consecutivas.
  • Para acceder á formación instrumental todo/a alumno/a inscrito/a debe recibir tamén a pertinente formación en Linguaxe Musical. O grupo para os que o cursen por primeira vez será “Básica 1”. Para o resto de alumnado, virá determinado polo Departamento de Linguaxe Musical. Pódese consultar premendo nesta ligazón.
  • Para inscribirse na materia de Piano Complementario, é preciso cursar tamén algún outro instrumento (neste ou outro centro).
  • Cando realice a súa proposta de horarios, é necesario que indique tamén, no campo correspondente, outro(s) horario(s) posible(s). Ao facelo, facilitará a asignación dun horario que lle conveña, no caso de que non sexa posible asignarlle a súa proposta principal.
  • Se non quedasen horarios dispoñibles para un/ha profesor/a, cubra o formulario igualmente e indique, no campo da preferencia secundaria, unha proposta xenérica de horarios. A Escola contactará con vostede para posibles ampliacións deses horarios.
  • Se despois de realizar a matrícula se dá conta dalgún erro, non volva cubrir o formulario outra vez, chegará con que avise á Asociación para que o corrixa.
  • Neste curso, damos a opción tamén de escoller un ensino a distancia, no caso de que as clases presenciais se teñan que cancelar de novo.
2. Horarios grupais

Aínda que durante o proceso de inscrición lle volveremos lembrar os horarios das materias grupais, recomendamos que as anote xa para telas claras antes de comezar a inscrición. Comprobe ben os horarios, xa que pode haber cambios con respecto ao curso anterior. Desgrazadamente, non podemos confirmar neste momento o local en que ensaiará a banda, que depende da xestión dos concellos. Desculpade as molestias.

Teña en conta os lugares en que se impartirán, que poderá ser na Casa da Cultura de Begonte, no Instituto de Rábade OU na Escola de Robra (Outeiro)

AGRUPACIÓNS

Materia Horario
Banda “Sons e Soños” (dir. Armando Morales): Venres de 20.00 a 22.00 (Local a determinar)
Banda da Escola (dir. Pablo López): Venres de 19.00 a 20.00 (Local a determinar)
Aula Técnica Básica de Metais Graves (Fran Villamor): Horario a determinar (Escola de Robra, Outeiro)
Baile Tradicional Nenos: Venres de 16.15 a 17.15 (Ximnasio do Pavillón de Outeiro) Inscrición no Concello de Outeiro de Rei
Baile Tradicional Xuvenil: Xoves de 17.00 a 18.00 (Ximnasio do Pavillón de Outeiro)
Baile Tradicional Adultos: Xoves de 20.00 a 21.00 (Ximnasio do Pavillón de Outeiro)
Banda de gaitas (dirs. Brais Monxardín e Miguel Anxo López): Mércores de 18.30 a 19.30 (Instituto de Rábade)
Big Band (dir. Toño Otero): Horario a determinar
Canto e percusión tradicionais (Branca Villares): Mércores de 19.30 a 20.30 (Instituto de Rábade)
Canto e percusión tradicionais Adultos (Branca Villares): Mércores de 20.30 a 22.00 (Instituto de Rábade)
Coro (dir. Esperanza Iglesias): Luns e Xoves de 20.00 a 22.00 (C. Sociocultural de Rábade)
Coro xuvenil (dir. Ance Laganovska): Martes de 20.00 a 21.00 (Instituto de Rábade) – Inscrición en formulario específico
Grupo de clarinetes (Manuel Montero): Martes de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade).
Grupo de metais (Óscar Prieto): Xoves de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)
Grupo de percusión (Marco Mendoza): Venres de 17.00 a 18.00 (Provisionalmente: Escola de Robra)
Percusión Tradicional – Ensaio Banda de Gaitas (Miguel Anxo López): Xoves de 16.00 a 17.00 (Instituto de Rábade)
Percusión Tradicional – Adultos (Miguel Anxo López): Xoves de 20.00 a 21.00 (Instituto de Rábade)

INFANTIL

Materia Horario
Música e Movemento – CEIP Outeiro 4º e 5º de infantil (Fran Villamor): A matrícula farase no Concello de Outeiro de Rei en setembro para comezar o curso en outubro
Música e Movemento 1 – Robra, Outeiro (Fran Villamor): Venres de 16.00 a 17.00 (Escola de Robra, Outeiro)
Música e Movemento 2 – Robra, Outeiro (Fran Villamor): [equivalente a “Formación Básica”] Venres, de 17.00 a 18.00 (Escola de Robra, Outeiro)
Música e Movemento CEIP Begonte e CEIP Baamonde (Xosé Fernández): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda. O curso comezará en outubro.
Música e Movemento Rábade (Paula Veiga) Martes, de 18.30 a 19.30 (Instituto de Rábade)
   
   
   

 

LINGUAXE MUSICAL

O alumnado que o curso por primeira vez irá ao primeiro grupo. O resto, pode consultar o grupo que lle corresponde premendo nesta ligazón.

Materia Horario
Linguaxe Musical Básica 1A: Martes de 17:00 a 18:00 (Instituto de Rábade)
Neste grupo irán todos os que o cursan por primeira vez.
Linguaxe Musical Básica 1B [Fran]: Venres de 18.00 a 19.00 (Escola de Robra, Outeiro)
Linguaxe Musical Básica 2: Mércores de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade).
Linguaxe Musical Básica 3: Venres de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Básica 4: Martes de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Media 1: Venres de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Media 2: Xoves de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Avanzada 1: Mércores de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Avanzada 2: Venres de 16.00 a 17.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical – Adultos: Xoves de 20.00 a 21.00 (Instituto de Rábade)

 

AULA DE MUSICOTERAPIA

Impartida por Yaiza Seijo. Os horarios e lugares determinaranse en función da demanda. As sesións individuais teñen unha duración de entorno a 30 minutos e as grupais de aproximandamente 1 hora. En musicoterapia trabállase de modo individual e grupal dependendo dos obxetivos establecidos previamente. As sesións individuais son indicadas para persoas que precisen dunha metodoloxía máis especializada, mentres que as sesións grupais son moi axeitadas en intervencións que busquen mellorar a comunicación. Máis información premendo aquí.

TEÓRICAS

 

Materia Horario Observacións
Adestramento auditivo (Óscar Prieto): Horario a determinar en función da demanda Recoñecemento de intervalos, ritmos e acordes, ditados, etc.
Harmonía Clásica  (Manuel Mª Veiga): Horario a determinar en función da demanda  
Harmonía Moderna (Antonio Otero): Horario a determinar en función da demanda  
Fundamentos de Composición (Manuel Mª Veiga): Horario a determinar en función da demanda Introdución á composición musical. Pódese cursar tanto no grupo que se menciona como escollendo un horario individual (como un instrumento máis).
Respiración, Relaxación e Ximnasia para músicos (Óscar Prieto): Horario a determinar en función da demanda Preparación física para unha correcta execución instrumental.
3. Horarios individuais

Pode consultar aquí as horas dispoñibles inicialmente para as clases individuais con cada profesor. Teña en conta os lugares en que impartirá clases cada un dos profesores, que poderá ser na Casa da Cultura de Begonte, no Instituto de Rábade, ou na Escola de Robra (Outeiro)

O proceso de escolla da proposta de horarios está dispoñible ao final do formulario de inscrición e só mostrará as horas que quedan libres para cada profesor nese momento determinado. Se ao enviar o formulario lle dá un erro, o máis probable é que algunha das horas que escolleu xa fose reservada e teña que escoller outras.

  • Acordeón – Actualmente non hai profesor/a. En función demanda
  • Bombardino, Tuba (Óscar Prieto) – Xoves de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Bombardino, Tuba (Fran Villamor) – Escollerase máis adiante en función da demanda. [Escola de Robra, Outeiro]
  • Canto e Percusión tradicionais (Branca Villares) – As clases individuais escolleranse máis adiante en función da demanda.
  • Canto, Técnica vocal – Actualmente non hai profesor/a. En función demanda
  • Clarinete (Carlos Timiraos) – Xoves de 15.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Clarinete (Manuel Montero) – Luns de 15.00 a 21.00 [Instituto de Rábade], Martes de 15.00 a 18.00 e de 19.00 a 21.00 [Instituto de Rábade], Mércores de 15.00 a 19.00 [Instituto de Rábade]
  • Fagot (Xosé Fernández) – Mércores de 16.00 a 21.00 [Instituto de Rábade] e Venres de 19.00 a 22.00 [Escola de Robra, Outeiro]
  • Frauta Traveseira (María Neira) – Martes de 15.30 a 21.30 [Instituto de Rábade]
  • Fundamentos de Composición, Harmonía, Análise (Manuel Mª Veiga) –  Martes de 15.00 a 17.00 e de 19.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Gaita (Brais Monxardín) – Martes de 15.30 a 22.30  [Instituto de Rábade], Mércores de 09.00 a 13.30 [Casa da Cultura de Begonte]] e Mércores de 15.30 a 18.30  [Instituto de Rábade]. (Suxetio a cambios)
  • Guitarra, Ukelele, Baixo, Iniciación ao contrabaixo (Carlos Andrés López) – Martes, Mércores e Xoves de 16.00 a 18.30 e de 19.00 a 22.00  [Escola de Robra]
  • Improvisación (Antonio Otero) – Mércores de 19.30 a 21.00 e Xoves de 19.00 a 21.00 (suxeito a cambios)
  • Musicoterapia (Yaiza Seijo) – Escollerase máis adiante en función da demanda
  • Óboe (Pablo López) – Mércores de 16.00 a 17.00 e de 19.00 a 21.00 [Instituto de Rábade] e Venres de 16.00 a 19.00 e de 20.00 a 21.00 [Local da banda, pendente de confirmar]
  • Percusión (Marco Mendoza) – Luns, Martes, Mércores e Xoves de 16.00 a 19.30 e de 20.00 a 22.00; Venres de 16.00 a 17.00 [Provisionalmente: Escola de Robra]
  • Percusión Tradicional (Miguel Anxo López) – Xoves de 17.30 a 20.00 e de 21.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Piano complementario (David Robles) – Martes de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade], Mércores de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade], Xoves de 16.00 a 22.00 [Casa da Cultura de Begonte] e Venres de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Saxofón – Martes de 15.30 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Trombón (Martín Vázquez) – Martes de 9.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Trompa (Luís Vinseiro) – Xoves de 18.00 a 21.00 [Instituto de Rábade]
  • Trompa (Pedro Castro) – Venres de 16.00 a 22.00  [Escola de Robra, Outeiro]
  • Trompeta (Adrián Pereira) – Xoves de 17.00 a 20.00 e Venres de 16.30 a 20.30 [Instituto de Rábade]
  • Violín (Paula Veiga) – Martes de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Violonchelo (Alís Martínez) – Xoves de 16.00 a 19.00 e de 21.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
4. Formulario de inscrición

(Se ten problemas para visualizar ou cubrir o formulario, non dubide en contactar coa Asociación no enderezo electrónico musicocrisanto@gmail.com ou no teléfono 678 800 245)

Por favor, non se inscriba dúas veces. Se se quere matricular en varios instrumentos, pode facelo nun só procedemento e, se detecta erros na matrícula, contacte coa Asociación. Grazas pola axuda.

Se desexa inscribirse na nova materia de canto en Indiomas, pode facelo no formulario específico que encontrará aquí.

Lembre que, para seleccionar clases individuais dunha hora, deberá seleccionar DOUS TRAMOS DE MEDIA HORA.

 

Acceda ao formulario premendo nesta ligazón

 

Ou tamén: FAGA CLIC AQUÍ