Benvido/a ao proceso de inscrición

das Escolas Municipais de Música de Rábade-Begonte-Outeiro

O prazo de matriculación para o curso 2019-2020 comezará o día 14 de maio ás 09.00 para o alumnado que xa cursara estudos na escola e o día 4 de xuño para novo alumnado, e pecharase o día 25 de xuño. Aínda que o prazo rematou, o formulario queda aberto para que todos os interesados poidan apuntarse nas prazas que aínda quedan ou ben en lista de espera, para que os avisemos de posibles ocos. Como en cursos anteriores, realizarase preferentemente por internet, a través do formulario dispoñible ao final desta mesma páxina. Tamén pode realizarse esta inscrición contactando coa administración Asociación Músico Crisanto no teléfono 678 800 245 ou na oficina  (que provisionalmente está en Outeiro de Rei, no antigo Restaurante Río Miño),  no  horario de verán (luns e mércores de 18.00 a 21.00). Por favor, teña en conta que os días 29 e 31 de xullo a oficina estará pechada por vacacións. Desculpe as molestias.

No formulario, xa é posible escoller unha proposta de horarios para as clases individuais no mesmo momento da inscrición. A Escola ou o profesor contactarán con vostede antes do inicio do curso para confirmar o horario definitivo.

Recomendamos visualizar a información e o formulario nun ordenador e non nun dispositivo móbil, xa que se poderá ver con máis claridade o proceso, aínda que non é imprescindible.

1. Normas xerais

Antes de inscribirse, lea estas breves normas básicas da inscrición na Escola, que lle axudarán a realizar o proceso máis rapidamente:

  • Nesta Escola pódense cursar materias individuais (instrumento), de polo menos 1 hora de duración. En casos en que se requira, tamén se poden cursar clases de media hora (duración mínima ofertada) ou compartidas con outra persoa (1h), previa autorización do profesor. Tamén se poderá escoller, xa no formulario de inscrición, unha proposta da súa preferencia de horarios, seleccionando dous tramos consecutivos de media hora. A proposta será confirmada unha vez remate o prazo de inscrición.
  • Tamén existen materias colectivas ou grupais, que son de horario fixo. Asegúrese de que anota o horario e lugar de todas as materias grupais ás que quere asistir para que non coincidan coa súa proposta de horarios para as materias individuais e para que as aulas onde se imparten non queden moi afastadas entre si, en clases consecutivas.
  • Para acceder á formación instrumental todo/a alumno/a inscrito/a debe recibir tamén a pertinente formación en Linguaxe Musical. O grupo virá determinado polo Departamento de Linguaxe Musical, e está dispoñible premendo nesta ligazón.
  • Para inscribirse na materia de Piano Complementario, é preciso cursar tamén algún outro instrumento (neste ou outro centro).
  • Cando realice a súa proposta de horarios, é necesario que indique tamén, no campo correspondente, outro(s) horario(s) posible(s). Ao facelo, facilitará a asignación dun horario que lle conveña, no caso de que non sexa posible asignarlle a súa proposta principal.
  • Se non quedasen horarios dispoñibles para un/ha profesor/a, cubra o formulario igualmente e indique, no campo da preferencia secundaria, unha proposta xenérica de horarios. A Escola contactará con vostede para posibles ampliacións deses horarios.
  • Se despois de realizar a matrícula se dá conta dalgún erro, non volva cubrir o formulario outra vez, chegará con que avise á Asociación para que o corrixa.
2. Horarios grupais

Aínda que durante o proceso de inscrición lle volveremos lembrar os horarios das materias grupais, recomendamos que as anote xa para telas claras antes de comezar a inscrición. Comprobe ben os horarios, xa que pode haber cambios con respecto ao curso anterior

AGRUPACIÓNS

Materia Horario Observacións
Banda “Sons e Soños” (dir. Armando Morales): Venres de 20.00 a 22.00 (C. Sociocultural Rábade)  
Banda da Escola (dir. Pablo López): Venres de 19.00 a 20.00 (C. Sociocultural Rábade)  
Aula Técnica Básica de Metais Graves (Fran Villamor): Sábado de 12.00 a 13.00 (C Sociocultural de Rábade)  
Baile Tradicional Nenos: Venres de 16.00 a 17.00 (Ximasio do Pavillón de Outeiro) (Inscrición no Concello de Outeiro de Rei, suxeito á demanda)
Baile Tradicional Adultos: Xoves de 19.45 a 20.45 (Ximasio do Pavillón de Otueiro) (Suxeito á demanda)
Banda de gaitas (dirs. Brais Monxardín e Miguel Anxo López): Xoves de 20.00 a 21.00 (Instituto de Rábade)  
Big Band (dir. Toño Otero): Horario a determinar  
Canto e percusión tradicionais (Branca Villares): Mércores de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)  
Canto e percusión tradicionais Adultos (Branca Villares): Mércores de 20.30 a 22.00 (Casa da Cultura de Begonte)  
Coro (dir. Esperanza Iglesias): Luns e Xoves de 20.00 a 22.00 (C Sociocultural de Rábade)  
Coro xuvenil (dir. Esperanza Iglesias): Horario a determinar en función da demanda  
Grupo de clarinetes (Manuel Montero): Sábados de 13.00 a 14.00 en Robra (Outeiro).  
Grupo de metais (Óscar Prieto): Xoves de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)  
Grupo de percusión (Marco Mendoza): Horario a determinar en función das necesidades do alumnado  
Obradoiro de Composición e Creatividade (Manuel Mª Veiga): Horario a determinar en función da demanda Agrupación que compón as propias pezas que interpreta (non é necesario coñecemento previo)
Percusión Tradicional – Ensaio Banda de Gaitas (Miguel Anxo López): Xoves de 16.00 a 17.00 (Institutol de Rábade)  
Percusión Tradicional – Adultos (Miguel Anxo López): Xoves de 20.00 a 21.00  (Instituto de Rábade)  

INFANTIL

Materia Horario
Música e Movemento 1 – 4 e 5 anos [2015/2014] – Robra, Outeiro (Fran Villamor): [equivalente a “Formación Básica 1”] Venres de 16.30 a 17.30 (Escola de Robra, Outeiro)
Música e Movemento 2 – 6 e 7 anos [2013/2012] – Robra, Outeiro (Fran Villamor): [equivalente a “Formación Básica 2”] Venres, de 18.00 a 19.00 (Escola de Robra, Outeiro)
Música e Movemento Begonte (Xosé Fernández): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Música e Movemento CEIP Outeiro (Fran Villamor):  A matrícula farase no Concello de Outeiro de Rei.
Iniciación Instrumental (Xosé Fernández): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Musical English Rábade (Manuel Mª Veiga): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Musical English Begonte (Manuel Mª Veiga): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Musical English CEIP Outeiro (Manuel Mª Veiga): A matrícula farase no Concello de Outeiro de Rei.

 

LINGUAXE MUSICAL

Pode consultar o grupo que lle corresponde premendo nesta ligazón.

Materia Horario
Linguaxe Musical Básica 1A: Mércores de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Básica 1B [Fran]: Venres de 19.00 a 20.00 (Escola de Robra, Outeiro)
Linguaxe Musical Básica 2: Venres de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Básica 3: Martes de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Básica 4: Venres de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Media 1: Xoves de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Media 2A: Martes de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Media 2B: Mércores de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Avanzada: Venres de 16.00 a 17.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical – Adultos: Xoves de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)

 

AULA DE MUSICOTERAPIA

Impartida por Yaiza Seijo. Os horarios e lugares determinaranse en función da demanda. As sesións individuais teñen unha duración de entorno a 30 minutos e as grupais de aproximandamente 1 hora. En musicoterapia trabállase de modo individual e grupal dependendo dos obxetivos establecidos previamente. As sesións individuais son indicadas para persoas que precisen dunha metodoloxía máis especializada, mentres que as sesións grupais son moi axeitadas en intervencións que busquen mellorar a comunicación. Máis información premendo aquí.

TEÓRICAS

 

Materia Horario Observacións
Adestramento auditivo (Óscar Prieto): Horario a determinar en función da demanda Recoñecemento de intervalos, ritmos e acordes, ditados, etc.
Harmonía Clásica (Manuel Mª Veiga): Horario a determinar en función da demanda  
Harmonía Moderna (Antonio Otero): Horario a determinar en función da demanda  
Fundamentos de Composición (Manuel Mª Veiga): Horario a determinar en función da demanda Introdución á composición musical. Pódese cursar tanto no grupo que se menciona como escollendo un horario individual (como un instrumento máis).
Respiración, Relaxación e Ximnasia para músicos (Óscar Prieto): Horario a determinar en función da demanda Preparación física para unha correcta execución instrumental.
3. Horarios individuais

Pode consultar aquí as horas dispoñibles inicialmente para as clases individuais con cada profesor. Teña en conta os lugares en que impartirá clases cada un dos profesores.   O proceso de escolla da proposta de horarios está dispoñible ao final do formulario de inscrición e só mostrará as horas que quedan libres para cada profesor nese momento determinado. Se ao enviar o formulario lle dá un erro, o máis probable é que algunha das horas que escolleu xa fose reservada e teña que escoller outras..

  • Acordeón (Marta Carballo) – Horarios a determinar en función da demanda
  • Bombardino, Tuba (Óscar Prieto) – Xoves de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Bombardino, Tuba (Fran Villamor) – Escollerase máis adiante en función da demanda. [Escola de Robra, Outeiro]
  • Canto e Percusión tradicionais (Branca Villares) – As clases individuais escolleranse máis adiante en función da demanda.
  • Canto, Técnica vocal (Esperanza Iglesias) – Luns de 18.00 a 20.00 e Xoves de 18.00 a 20.00  [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Clarinete (Carlos Timiraos) – Luns de 15.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Clarinete, Iniciación á gaita (Manuel Montero) – Martes de 15.00 a 21.00 [Instituto de Rábade], Mércores de 15.00 a 20.00 [Instituto de Rábade], Sábados de 09.00 a 13.00 [Escola de Robra, Outeiro]
  • Fagot (Xosé Fernández) – Luns de 16.30 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade] e Venres de 19.30 a 21.30 [Escola de Robra, Outeiro]
  • Frauta Traveseira (María Neira) – Martes de 15.30 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Fundamentos de Composición, Guitarra Clásica (Manuel Mª Veiga) –  Martes de 19.00 a 22.00 [Instituto de Rábade] e Venres de 15.30 a 18.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Gaita (Brais Monxardín) – Mércores de 09.00 a 13.00 [Centro Sociocultural de Rábade], Mércores de 15.30 a 22.00  [Instituto de Rábade], Xoves de 09.00 a 13.00 [Centro Sociocultural de Rábade] e Xoves de 15.30 a 20.00 e de 21.00 a 22.00  [Instituto de Rábade].
  • Guitarra moderna [acústica, eléctrica, “española”…], Ukelele, Baixo, Iniciación ao contrabaixo (Carlos Andrés López) – Mércores de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade], Xoves de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Improvisación (Antonio Otero) – Escollerase máis adiante en función da demanda
  • Musicoterapia (Yaiza Seijo) – Escollerase máis adiante en función da demanda
  • Óboe, Iniciación á Gaita (Pablo López) – Venres de 16.00 a 19.00 e de 20.00 a 21.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Percusión (Marco Mendoza) – Martes de 16.00 a 22.00, Mércores de 16.00 a 22.00 e Xoves de 16.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Percusión Tradicional (Miguel Anxo López) – Xoves de 17.00 a 20.00 e de 21.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Piano complementario (David Robles) – Martes de 18.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade], Mércores de 16.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade], Xoves de 16.00 a 22.00 [Casa da Cultura de Begonte] e Venres de 15.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Saxofón (Adrián Pais) – Martes de 15.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Trombón (Martín Vázquez) – Martes de 9.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Trompa (Luís Vinseiro) – Xoves de 18.00 a 21.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Trompa (profesor a determinar) – Venres de 18.00 a 21.00  [Escola de Robra, Outeiro]
  • Trompeta (Adrián Pereira) – Xoves de 17.00 a 20.00 e Venres de 16.30 a 20.30 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Violín (Paula Veiga) – Martes de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Violonchelo (Alís Martínez) – Xoves de 16.00 a 18.00 e de 20.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
4. Formulario de inscrición

(Se ten problemas para visualizar ou cubrir o formulario, non dubide en contactar coa Asociación no enderezo electrónico musicocrisanto@gmail.com ou no teléfono 678 800 245)

Por favor, non se inscriba dúas veces. Se se quere matricular en varios instrumentos, pode facelo nun só procedemento e, se detecta erros na matrícula, contacte coa Asociación. Grazas pola axuda. 

Lembre que, para seleccionar clases individuais dunha hora, deberá seleccionar DOUS TRAMOS DE MEDIA HORA.

PREMA AQUÍ PARA ACCEDER AO FORMULARIO