Benvido/a ao proceso de inscrición

das Escolas Municipais de Rábade-Begonte-Outeiro

O curso 2017-2018 xa está a rematar, mais o proceso para a matriculación para o curso 2018-2019 publicarase dentro duns días. Este ano abriranse dous prazos de matrícula diferenciados:

  • Para os xa inscritos no curso 2017-2018: Do 28 de maio ao 30 de xuño.
  • Para novos inscritos: do 15 ao 30 de xuño.

A inscrición realizarase preferentemente nesta mesma páxina web desde as 9.00 h do primeiro día do prazo. Aínda así, tamén estará dispoñible o proceso de matrícula de luns a venres nas oficinas dos tres concellos, de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, e na oficina da Asociación Músico Crisanto (C. Sociocultural de Rábade, 1º) no seu horario habitual (martes e xoves de 10.00 a 13.30 e venres de 18.00 a 20.30). Ademais, abrirase a oficina de forma extraordinaria no inicio do prazo, o 28 de maio de 9.00 a 14.00, para facilitar a matriculación.

Para o próximo curso 2018-2019, as Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte e Outeiro tentan seguir mellorando o seu sistema de matriculación, abrindo un primeiro prazo de matrícula para os xa inscritos anteriormente, que non terán que repetir datos dos que xa dispoñamos. Ademais, seguirase ofrecendo a posibilidade de escoller unha proposta de horarios no mesmo momento da inscrición, para así evitar procesos máis longos e esperas innecesarias. Esta proposta de horarios realízase, coma sempre, por orde de inscrición e dependerá da confirmación posterior da Escola, unha vez rematado o prazo de inscrición.

1. Normas xerais

Antes de inscribirse, lea estas breves normas básicas da inscrición na Escola, que lle axudarán a realizar o proceso máis rapidamente:

  • Nesta Escola pódense cursar materias individuais (instrumento), de 1 hora de duración. En casos en que se requira, tamén se poden cursar clases de media hora (duración mínima ofertada) ou compartidas con outra persoa, previa autorización do profesor. Tamén se poderá escoller, xa no formulario de inscrición, unha proposta da súa preferencia de horarios, seleccionando dous tramos consecutivos de media hora. A proposta será confirmada unha vez remate o prazo de inscrición.
  • Tamén existen materias colectivas ou grupais, que son de horario fixo. Asegúrese de que anota o horario e lugar de todas as materias grupais ás que quere asistir para que non coincidan coa súa proposta de horarios para as materias individuais e para que as aulas onde se imparten non queden moi afastadas entre si, en clases consecutivas.
  • Para acceder á formación instrumental todo/a alumno/a inscrito/a debe recibir tamén a pertinente formación en Linguaxe Musical. O grupo virá determinado polo Departamento de Linguaxe Musical, segundo se expón neste documento, excepto para o alumnado de Outeiro de Rei, que poderá optar entre o grupo que se lle asigna ou o de “Linguaxe Musical -Outeiro”. Prema aquí para saber a configuracións dos grupos de Linguaxe.
  • Para inscribirse na materia de Piano Complementario, é preciso cursar tamén algún outro instrumento (neste ou outro centro).
  • Cando realice a súa proposta de horarios, é necesario que indique tamén, no campo correspondente, outro(s) horario(s) posible(s). Ao facelo, facilitará a asignación dun horario que lle conveña, no caso de que non sexa posible asignarlle a súa proposta principal.
  • Se non quedasen horarios dispoñibles para un/ha profesor/a, cubra o formulario igualmente e indique, no campo da preferencia secundaria, unha proposta xenérica de horarios. A Escola contactará con vostede para posibles ampliacións deses horarios.
  • Se despois de realizar a matrícula se dá conta dalgún erro, non volva cubrir o formulario outra vez, chegará con que avise á Asociación para que o corrixa.
2. Horarios grupais

Aínda que durante o proceso de inscrición lle volveremos lembrar os horarios das materias grupais, recomendamos que as anote xa para telas claras antes de comezar a inscrición.

Comprobe ben os horarios, xa que pode haber cambios con respecto ao curso anterior

AGRUPACIÓNS

Materia Horario Observacións
Banda “Sons e Soños” (dir. Armando Morales): Venres de 20.00 a 22.00 (C. Sociocultural Rábade)
Banda da Escola (dir. Pablo López): Venres de 19.00 a 20.00 (C. Sociocultural Rábade)
Aula Técnica Básica de Metais Graves (Fran Villamor): Sábado de 12.00 a 13.00 (C Sociocultural de Rábade)
Banda de gaitas (dirs. Brais Monxardín e Miguel Anxo López): Sábados de 11.00 a 12.00 (Casa da cultura de Begonte)
Big Band (dir. Alejandro Troya): Horario a determinar
Canto e percusión tradicionais (Branca Villares): Mércores de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)
Canto e percusión tradicionais Adultos (Branca Villares): Mércores de 20.00 a 21.30 (Casa da Cultura de Begonte)
Coro (dir. Esperanza Iglesias): Luns e Xoves de 20.00 a 22.00 (C Sociocultural de Rábade)
Coro xuvenil (dir. Esperanza Iglesias): Horario a determinar en función da demanda
Grupo de clarinetes (Manuel Montero/Carlos Timiraos): Sábados de 13.00 a 14.00 en Robra (Outeiro).
Grupo de metais (Óscar Prieto): Xoves de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)
Grupo de percusión (Marco Mendoza): Martes de 20.00 a 21.00 (Centro Sociocultural de Rábade)
Obradoiro de Composición e Creatividade (Manuel Mª Veiga): Mércores de 17.00 a 18.00  (Instituto de Rábade) Agrupación que compón as propias pezas que interpreta (non é necesario coñecemento previo)
Percusión Tradicional – Ensaio Banda de gaitas (Miguel Anxo López): Xoves de 16.00 a 17.00 (Institutol de Rábade)
Percusión Tradicional – Adultos (Miguel Anxo López): Xoves de 20.00 a 21.00  (Instituto de Rábade)

 

LINGUAXE MUSICAL

Consulte nesta ligazón o grupo que lle corresponde.

Materia Horario
Formación Básica 1: Venres de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade)
Formación Básica 2: Martes de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade)
Formación Básica 3: Venres de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Formación Básica 4: Xoves de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Formación Media 1A: Martes de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Formación Media 1B: Mércores de 18.00 a 19.00 (C. Sociocultural de Rábade)
Form. Media 2+Form. Avanzada: Venres de 16.00 a 17.00 (Instituto de Rábade)
Formación Adultos: Xoves de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)
Linguaxe Musical Outeiro de Rei: Venres de 16.00 a 17.00 (CEIP de Outeiro)

 

AULA DE MUSICOTERAPIA

Impartida por Yaiza Seijo. Os horarios e lugares determinaranse en función da demanda. As sesións individuais teñen unha duración de entorno a 30 minutos e as grupais de aproximandamente 1 hora.

En musicoterapia trabállase de modo individual e grupal dependendo dos obxetivos establecidos previamente. As sesións individuais son indicadas para persoas que precisen dunha metodoloxía máis especializada, mentres que as sesións grupais son moi axeitadas en intervencións que busquen mellorar a comunicación.

Máis información premendo aquí.

TEÓRICAS

 

Materia Horario Observacións
Adestramento auditivo (Óscar Prieto): Horario a determinar en función da demanda Recoñecemento de intervalos, ritmos e acordes, ditados, etc.
Harmonía Clásica (Manuel Mª Veiga): Mércores, de 16.00 – 17.00 (Instituto de Rábade)
Harmonía Moderna (Antonio Otero): Horario a determinar en función da demanda
Fundamentos de Composición (Manuel Mª Veiga): Mércores, de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade) Introdución á composición musical. Pódese cursar tanto no grupo que se menciona como escollendo un horario individual (como un instrumento máis).
Respiración, Relaxación e Ximnasia para músicos (Óscar Prieto): Horario a determinar en función da demanda Preparación física para unha correcta execución instrumental.

INFANTIL

Consulte nesta ligazón o grupo que lle corresponde.

Materia Horario
Música e Movemento 1 – 4 e 5 anos [nacidos no 2014 e 2013] – Rábade (Fran Villamor): Venres de 18.30 a 19.30 (C. Sociocultural de Rábade)
Música e Movemento 1 – 6 e 7 anos [nacidos no 2012 e 2011] – Rábade (Fran Villamor):

[equivalente ao que noutros centros se chama “Formación Inicial” ou “Formación Básica”]

Venres, de 19.30 a 20.30 (C. Sociocultural de Rábade)
Música e Movemento Begonte: Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Música e Movemento CEIP Outeiro (Fran Villamor):  A matrícula farase no Concello de Outeiro de Rei.
Iniciación Instrumental (Xosé Fernández): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Musical English Rábade (Manuel Mª Veiga): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Musical English Begonte (Manuel Mª Veiga): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Musical English CEIP Outeiro (Manuel Mª Veiga): A matrícula farase no Concello de Outeiro de Rei.
3. Horarios individuais

Pode consultar aquí as horas dispoñibles inicialmente para as clases individuais con cada profesor. Teña en conta os lugares en que impartirá clases cada un dos profesores.

 

O proceso de escolla da proposta de horarios está dispoñible ao final do formulario de inscrición e só mostrará as horas que quedan libres para cada profesor nese momento determinado. Se ao enviar o formulario lle dá un erro, o máis probable é que algunha das horas que escolleu xa fose reservada e teña que escoller outras..

  • Bombardino, Tuba (Óscar Prieto) – Xoves de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Bombardino, Tuba (Fran Villamor) – Escollerase máis adiante en función da demanda.  [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Canto e Percusión tradicionais (Branca Villares) – As clases individuais escolleranse máis adiante en función da demanda.
  • Canto, Técnica vocal (Esperanza Iglesias) – Luns de 18.00 a 20.00 e Xoves de 18.00 a 20.00  [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Clarinete (Carlos Timiraos) – Luns de 15.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Clarinete (Manuel Montero) – Mércores de 15.00 a 22.00 [Instituto de Rábade], Sábados de 09.00 a 13.00 e de 14.00 a 15.00 [Escola de Robra, Outeiro]
  • Fagot (Xosé Fernández) – Mércores de 16.30 a 18.30 [Casa da Cultura de Begonte] e Venres de 19.00 a 21.30 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Frauta Traveseira (María Neira) – Martes de 15.30 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Fundamentos de Composición, Guitarra Clásica (Manuel Mª Veiga) – Martes de 15.30 a 17.00 e de 19.00 a 22.00 [Instituto de Rábade] e Venres de 15.30 a 18.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Gaita (Brais Monxardín) – Mércores de 16.00 a 19.30  [Instituto de Rábade], Xoves de 09.00 a 13.30 [Centro Sociocultural de Rábade] e de 16.00 a 22.00  [Instituto de Rábade] e Sábados de 9.30 a 11.00 e de 12.00 a 15.00 [Casa da Cultura de Begonte]
  • Guitarra moderna, Baixo, Iniciación ao contrabaixo (Carlos Andrés López) – Mércores de 16.00 a 21.00 [Instituto de Rábade], Xoves de 16.00 a 21.00 [Casa da Cultura de Begonte] e Venres de 15.00 a 18.00 [Instituto de Rábade]
  • Improvisación (Antonio Otero) – Escollerase máis adiante en función da demanda
  • Musicoterapia (Yaiza Seijo) – Escollerase máis adiante en función da demanda
  • Óboe (Pablo López) – Venres de 17.00 a 19.00 e de 20.00 a 21.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Percusión (Marco Mendoza) – Martes de 16.00 a 21.00, Mércores de 16.00 a 21.00 e Xoves de 15.00 a 21.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Percusión Tradicional (Miguel Anxo López) – Xoves de 17.00 a 20.00 e de 21.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Piano complementario (David Robles) – Martes de 18.00 a 22.00, Mércores de 15.00 a 18.00 e de 19.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade], Xoves de 15.00 a 22.00 [Casa da Cultura de Begonte] e Venres de 15.00 a 21.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Saxofón (Adrián Pais) – Martes de 16.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Trombón (Martín Vázquez) – Martes de 9.00 a 22.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Trompa (Luís Vinseiro) – Venres de 18.00 a 21.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Trompeta (Adrián Pereira) – Xoves de 16.00 a 20.00 e Venres de 16.00 a 20.00 [Centro Sociocultural de Rábade]
  • Violín (Paula Veiga) – Martes de 16.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
  • Violonchelo (Alís Martínez) – Xoves de 15.00 a 18.00 e de 20.00 a 22.00 [Instituto de Rábade]
4. Formulario de inscrición

(Se ten problemas para visualizar ou cubrir o formulario, non dubide en contactar coa Asociación no enderezo electrónico musicocrisanto@gmail.com ou no teléfono 678 800 245)

Por favor, non se inscriba dúas veces. Se se quere matricular en varios instrumentos, pode facelo nun só procedemento e, se detecta erros na matrícula, contacte coa Asociación. Grazas pola axuda.

PREMA AQUÍ PARA REALIZAR A INSCRICIÓN