Concellos de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol

Os nosos catro concellos son os principais piares do noso programa mancomunado de formación musical. Todo comezou o 17 de setembro de 2007, cando o proxecto de creación dun centro musical é aceptado polo Concello de Rábade, co alcalde Francisco Xosé Fernández Montes á fronte, se fixo realidade. Máis tarde, en marzo de 2013, únese tamén o Concello de Begonte, presidido polo alcalde José Ulla Rocha. Xa en setembro de 2015, o Concello de Outeiro de Rei consolida, coa sinatura do seu alcalde José Pardo Lombao, o proxecto actual, ao que se uniu en 2021 o Concello de Friol por iniciativa do seu alcalde José Ángel Santos. Estas catro institucións son as que apoian as Escolas Mancomunadas de Música de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol.

Ademais do vital apoio económico, a actividade das Escolas é posible grazas á cesión de espazos para a formación como o Centro Sociocultural e a casa das Insuas de Rábade, o Centro de Formación Musical de Baamonde e a Casa da Cultura de Begonte, a Escola de Robra en Outeiro de Rei e o Colexio e Centro colaborativo de Friol.