AULA DE MUSICOTERAPIA

A musicoterapia é o emprego da música e os seus elementos nun proceso deseñado para facilitar e promover a comunicación, a aprendizaxe e a expresión coa finalidade de mellorar o benestar físico, psíquico, social, emocional e cognitivo das persoas, favorecendo deste xeito unha mellor calidade de vida.

A ferramenta principal de intervención é a música que é utilizada mediante diferentes técnicas. Estas técnicas poden clasificarse en receptivas ou expresivas a nivel xeral, e basearse en experiencias vocais, tocar instrumentos, movemento, xogos musicais, audición, improvisación ou composición.

O traballo que se realiza nas sesións de musicoterapia básease nun modelo de atención centrado na persoa, adaptado ás capacidades, habilidades e necesidades de cada individuo. Grazas a esta versatilidade a musicoterapia proporciona beneficios en moi diversos campos de aplicación.


De que xeito se organizan as sesións?

En musicoterapia trabállase de modo individual e grupal dependendo dos obxetivos establecidos previamente. A sesións individuais son indicadas para persoas que precisen dunha metodoloxía máis especializada, mentres que as sesións grupais son moi axeitadas en intervencións que busquen mellorar a comunicación.
A duración das sesións tamén varía dependendo do tipo de intervención. As sesións individuais teñen unha duración unha duración de 30 minutos e as grupais de 1 hora, podendo flexibilizarse dependendo das características do grupo.

 

 

É preciso aclarar que non se requiren coñecementos musicais previos por parte dos alumnos, nin é o obxetivo dentro deste campo. A música cumplirá unha finalidade funcional, non estética.

 

 

MUSICOTERAPIA PARA PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

A musicoterapia é beneficiosa para nenos e adultos con diversidade funcional ou dificultades, independentemente do seu grado de afectación.

  • Discapacidades sensoriais, físicas e/ou mentais.
  • Alteracións neurolóxicas.
  • Problemas de conducta en nenos e adolescentes.
  • Trastorno por Défitit de Atención e Hiperactividade.
  • Trastorno do Espectro Autista.
  • Retrasos madurativos.
  • Trastornos da linguaxe
  • Dano cerebral adquirido.
  • Dificultades de aprendizaxe.

 

MUSICOTERAPIA PARA ADULTOS MAIORES

En adultos maiores, a musicoterapia preséntase atractiva xa que non exixe aprender a bailar ou a tocar un instrumento de forma axeitada, senón que se emprega como unha vía que facilita a expresión, a integración, a coordinación e o mantemento das habilidades cognitivas.

Dende o campo da xeriatría, a musicoterapia pode ter dúas funcións, dende o punto preventivo fomenta o “envellecemento activo” sendo intervencións dirixidas a previr enfermidades e a favorecer un bo estado físico, mental e social. Por outra parte, está a musicoterapia nas intervencións de carácter terapéutico como tratamento complementario para traballar en base a uns obxetivos terapéuticos adaptados ás necesidades de cada persoa (deterioro cognitivo, Parkinson, Alzheimer, Demencia Fronto-temporal…).

Inscríbete nesta e outras materias!

Solicita máis información

Ao final da páxina de inicio encontrarás os métodos dos que dispós para contactar coa escola e poder recibir máis información sobre calquera asunto relacionado con esta materia.