Benvido/a ao proceso de inscrición das Escolas Municipais de Rábade-Begonte-Outeiro

O prazo de inscrición rematou o 30 de xuño, mais, aínda así, o formulario continúa aberto para aquelas persoas que aínda desexen matricularse. A Escola estudará as inscricións posteriores ao prazo ordinario para tentar acomodalas neste curso 2017/2018.

Para o próximo curso 2017-2018, as Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte e Outeiro melloraron o seu sistema de matriculación, ofrecendo xa a posibilidade de escoller unha proposta de horarios no mesmo momento da inscrición, para así evitar procesos máis longos e esperas innecesarias. Esta proposta de horarios realízase, coma sempre, por orde de inscrición e dependerá da confirmación posterior da Escola, unha vez rematado o prazo de inscrición.

Por favor, siga os pasos na orde en que se indican a continuación:

1. Normas xerais

Antes de inscribirse, lea estas breves normas básicas da inscrición na Escola, que lle axudarán a realizar o proceso máis rapidamente:

  • Nesta Escola pódense cursar materias individuais (instrumento), de 1h de duración. En casos en que se requira, tamén se poden cursar clases de media hora (duración mínima ofertada) ou comaprtidas con outra persoa, previa autorización do profesor. Tamén se poderá escoller, xa no formulario de inscrición, unha proposta da súa preferencia de horarios, seleccionando dous tramos consecutivos de media hora. A proposta será confirmada unha vez remate o prazo de inscrición.
  • Tamén existen materias colectivas ou grupais, que son de horario fixo. Asegúrese de que anota o horario e lugar de todas as materias grupais ás que quere asistir para que non coincidan coa súa proposta de horarios para as materias individuais e para que as aulas onde se imparten non queden moi afastadas entre si, en clases consecutivas.
  • Para acceder á formación instrumental todo/a alumno/a inscrito/a debe recibir tamén a pertinente formación en Linguaxe Musical. Para saber en que grupo de Linguaxe Musical debe inscribirse, consulte a seguinte listaxe, nesta ligazón.
  • Para inscribirse na materia de Piano Complementario, é preciso cursar tamén algún outro instrumento (neste ou outro centro).
  • Cando realice a súa proposta de horarios, é necesario que indique tamén, no campo correspondente, outro(s) horario(s) posible(s). Ao facelo, facilitará a asignación dun horario que lle conveña, no caso de que non sexa posible asignarlle a súa proposta principal.
  • Se non quedasen horarios dispoñibles para un/ha profesor/a, cubra o formulario igualmente e indique, no campo da preferencia secundaria, unha proposta xenérica de horarios. A Escola contactará con vostede para posibles ampliacións deses horarios.
2. Horarios grupais.

Aínda que durante o proceso de inscrición lle volveremos lembrar os horarios das materias grupais, recomendamos que as anote xa para telas claras antes de comezar a inscrición.

 

AGRUPACIÓNS

Materia Horario Observacións
Banda “Sons e Soños” (dir. Armando Morales): Venres de 20.00 a 22.00 (C. Sociocultural Rábade)
Banda da Escola (dir. Pablo López): Venres de 17.00 a 18.00 (C. Sociocultural Rábade)
Aula Técnica Básica de Metais Graves (Fran Villamor): Sábado de 12.00 a 13.00 (C Sociocultural de Rábade)
Banda de gaitas (dirs. Brais Monxardín e Miguel Anxo López): Sábados de 11:00 a 12:00 (Casa da cultura de Begonte)
Big Band (dir. Alejandro Troya): Encontros intensivos durante o curso Encontros: 21 e 28 de outubro, 16 e 23 de decembro, 7 e 24 de febreiro, 21 e 28 de abril e 16 e 23 de xuño.
Canto e percusión tradicionais (Branca Villares): Mércores de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)
Canto e percusión tradicionais Adultos (Branca Vilalres): Mércores de 20.00 a 21.30 (Casa da Cultura de Begonte)
Coro (dir. Esperanza Iglesias): Luns e Xoves de 20.00 a 22.00 (C Sociocultural de Rábade)
Coro xuvenil (dir. Esperanza Iglesias): Xoves de 19.00 a 20.00 (C Sociocultural de Rábade)
Grupo de clarinetes (Carlos Timiraos/Manuel Montero): Sábados de 13.00 a 14.00 en Robra (Outeiro).
Grupo de metais (Óscar Prieto): Xoves, de 19.00 a 20.00
Grupo de percusión: (Marco Mendoza): Venres, de 18.00 a 19.00
Obradoiro de Composición e Creatividade (Manuel Mª Veiga): Venres de 17.00 a 18.00  (Instituto de Rábade) Agrupación que compón as propias pezas que interpreta (non é necesario coñecemento previo)
Percusión Tradicional (Miguel Anxo López): Xoves de 16.00 a 17.00 (C. Sociocultural de Rábade)
Percusión Tradicional Adultos (Miguel Anxo López): Xoves de 20.00 a 21.00  (C. Sociocultural de Rábade)

 

LINGUAXE MUSICAL

Consulte nesta ligazón o grupo que lle corresponde.

Materia Horario
Formación Básica 1: Venres de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade)
Formación Básica 2: Venres de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Formación Básica 3: Martes de 17.00 a 18.00 (Instituto de Rábade)
Formación Básica 4A: Martes de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Formación Básica 4B: Mércores de 18.00 a 19.00 (C. Sociocultural de Rábade)
Formación Media: Xoves de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade)
Formación Avanzada: Venres de 16.00 a 17.00 (Instituto de Rábade)
Formación Adultos: Xoves de 19.00 a 20.00 (Instituto de Rábade)

 

AULA DE MUSICOTERAPIA

Impartida por Yaiza Seijo. Os horarios e lugares determinaranse en función da demanda. As sesións individuais teñen unha duración de entorno a 30 minutos e as grupais de aproximandamente 1 hora.

En musicoterapia trabállase de modo individual e grupal dependendo dos obxetivos establecidos previamente. A sesións individuais son indicadas para persoas que precisen dunha metodoloxía máis especializada, mentres que as sesións grupais son moi axeitadas en intervencións que busquen mellorar a comunicación.

Máis información premendo aquí.

TEÓRICAS

 

Materia Horario Observacións
Adestramento auditivo (Óscar Prieto): Horario a determinar en función da demanda  Recoñecemento de intervalos, ritmos e acordes, ditados, etc.
Harmonía Clásica (Manuel Mª Veiga): Venres 16.00 – 17.00 (Instituto de Rábade)
Harmonía Moderna (Antonio Otero): Xoves, de 21.00 a 22.00 (C. Sociocultural de Rábade)
Fundamentos de Composición (Manuel Mª Veiga): Venres, de 18.00 a 19.00 (Instituto de Rábade) Introdución á composición musical. Pódese cursar tanto no grupo que se menciona como escollendo un horario individual (como un instrumento máis).
Respiración, Relaxación e Ximnasia para músicos (Óscar Prieto): Horario a determinar en función da demanda Preparación física para unha correcta execución instrumental.

INFANTIL

Consulte nesta ligazón o grupo que lle corresponde.

Materia Horario
Música e Movemento Rábade (Fran Villamor): Venres, de 19.30 a 20.30 (C. Sociocultural de Rábade)
Música e Movemento Begonte: Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Música e movemento CEIP Outeiro (Fran Villamor):  A matrícula farase no Concello de Outeiro de Rei.
Iniciación Instrumental  (Xosé Fernández): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Musical English Rábade (Manuel Mª Veiga): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Musical English Begonte (Manuel Mª Veiga): Escolleranse os horarios máis adiante segundo demanda.
Musical English CEIP Outeiro (Manuel Mª Veiga): A matrícula farase no Concello de Outeiro de Rei.
3. Formulario de inscrición

Se hai tempo que cargara esta páxina e aínda non comezou a cubrir o formulario, RECARGUE A PÁXINA co navegador (ou prema Ctrl + R).

 

O prazo de inscrición rematou o 30 de xuño, mais, aínda así, o formulario continúa aberto para aquelas persoas que aínda desexen matricularse. A Escola estudará as inscricións posteriores ao prazo ordinario para tentar acomodalas neste curso 2017/2018.