Campamentos 2018

Neste ano 2018, a Asociación Músico Crisanto organiza dous campamentos de verán que esperamos que sexan do teu interese:

Mondoñedo

En colaboración coa Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo, do luns 9 ao venres 13 de xullo, con docentes especializados en cada disciplina instrumental:

Frauta: María Varela,  Óboe: Mateo Bande, Clarinete: Lucía Exposito, Fagot: Antía Villar, Saxofón: Diego Basadre, Trompeta: Carlos López, Trompa: Mónica García, Trombón: Alejandro López, Bombardino: Denís Blanco, Tuba: Marta García, Piano: Ana Huerta, Gaita: Lydia Paredes, Percusión: Antía Figueroa

O prazo de matrícula xa está aberto e pódese realizar aquí. Aínda que non cubriras o formulario de preinscrición, aínda podes anotarte. Non perdas a oportunidade! https://musicocrisanto.com/matricula-campamento-de-mondonedo/

 

Rábade

Un campamento para prepararse para o novo curso e comezalo pmáis preparado ca nunca, do luns 3 ao venres 7 de setembro, con docentes especializados en cada disciplina instrumental.

Permanece atento para saber datos máis concretos sobre este campamento.